Un ano máis Amigos da Terra participamos no Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización e divulgación da Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago que se englobará dentro das activiades da Escola de Activismo contra a Emerxencia Climática da convocatoria Iniciativa Xove.
Concretamente Amigos da Terra participa en:
- Feira de alternativas contra a emerxencia climática
Con esta mostra xunto ca cooperativa de enerxía verde Nosa Enerxía, amosarán solucións sinxelas e prácticas para contribuír a frear a emerxencia climática con tres espazos situados na praza Roxa: Sermos sostibles, Mobilidade e Laboratorio de enerxía 100% renovable. Será o 18 de setembro de 18:30 a 20.30 horas e para todos os públicos.
Máis información aquí>>
- Exposición fotográfica ‘Tecedoras do cambio’
Amigos da Terra achega a historia da nicaragüense Yolidia Hernández, unha das vinte historias narradas ao longo de vinte días en vinte comercios da cidade, concretamente a nosa fotografía atoparase na librería Couceiro.
‘Tecedoras do cambio’ é unha exposición fotográfica que narra e retrata as historias de vida de mulleres valentes e loitadoras. Todas, referentes imprescindibles que lideran procesos de desenvolvemento das súas comunidades xunto a organizacións dos seus países e man a man con ONGD galegas.
Neste enlace>>> podedes consultar o programa completo.
Animádevos a participar! cumprirase coas medidas sanitarias e ofreceranse espazos seguros.