Arely Flores Manzanares é unha pescadora artesanal de Nicaragua. Recentemente capacitouse na medición de parámetros da auga que lle axudarán a detectar e prever posibles enfermidades de peixes como o pargo e o guapote, que cría en gaiolas flotantes.

Así, grazas a esta investigación da Universidad Nacional Autónoma de León (UNAN-León), realizado conxuntamente coa Fundación LIDER e Amigos da Terra, as cooperativas pesqueiras poden detectar enfermidades precozmente e mellorar a produción da acuicultura, ameazada polo cambio climático.