Durante o mes de outubro celebramos 6 eventos de reflexión e debate por un sistema alimentario máis xusto para as persoas e o planeta. Cunha mirada  holística, desde a evidencia científica ata os testemuños máis persoais, percorreremos o grave impacto do actual modelo de produción e distribución de alimentos na vida das persoas e o Planeta sen perder de vista as alternativas e cambios necesarios para transformalo.

Estes encontros, enmarcados no Mes de Accións Internacionais contra a Agricultura Industrial organizado pola campaña Good Food, Good Farming transmitiranse pola canle de Facebook e Youtube de Amigos de la Tierra os días 1, 8, 16, 22, 27 e 29 de outubro.

Acompañadas de investigadores, migrantes, agricultoras, activistas e moitas máis, falaremos dos riscos do oculto Tratado entre a UE e  Mercosur, da situación das persoas  migrantes traballadoras no campo, da gandería e o seu impacto no cambio climático, das experiencias da agricultura  bioclimática como alternativa transformadora, da expansión da gandería industrial en Europa e da loita pola resistencia dos pobos  Ienca e  Garifuña en Honduras.

Todo isto nun contexto de crise sanitaria, económica e ambiental que evidencia, máis que nunca a necesidade de impulsar alternativas reais e cambios políticos que permitan transformar o noso sistema de produción e distribución alimentario a un máis respectuoso coas persoas, co  medioambiente e, en definitiva, coa vida.

Cando? Días 1, 8, 16, 22, 27 e 29 de outubro.

Onde? canle de Facebook e Youtube de Amigos de la Tierra

O programa está dispoñible aquí>>

Na axenda da nosa web iremos colocando todos os eventos.