Amigos da Terra esta levando a cabo un proxecto de cultivo biointensivo para promover técnicas agroecolóxicas que contribúen á loita fronte á crise climática en diferentes territorios. O proxecto, que conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade, desenvolvese en diferentes localidades de Galicia  asi como en Aragón, as Illas Baleares e a Comunidade de Madrid.

No caso de Galicia, o próximo domingo 4 de outubro, no concello de Meaño, (Pontevedra)   e o domingo 11 de outubro en Tronceda (Ourense) terán lugar  duas xornadas  de formación especifica  do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”. Os cursos, cunha duración de 8 horas, impartiranse, en horario de mañá e tarde,  e nestas xornadas na que ademais da intercambio de experiencias entre as participantes, traballaremos na planificación da horta de inverno-primavera e a realización práctica de extracción de diferentes tipos de sementes. Como en outros encontros formativos, tamén haberá tempo para intercambiar sementes e visitar algunhas hortas de referencia do proxecto nas respectivas comarcas.

Imparte Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Básico do método biointensivo. Labrego na horta biointensiva “O Torno”, horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.

 

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade