Amigos da Terra xunto co concello de Nigrán organizan un programa de voluntariado ambiental os días 10, 17 e 24 de outubro que consistirán na eliminación de plantas exóticas invasoras, mellora das condicións dunha planta ameazada, recollida de lixo e realización de actividades divulgativas e de sensibilización sobre o litoral.

Estas actividades matinais de voluntariado (de 11 a 14:00 horas) estarán guiadas por un educador ambiental e Amigos da Terra e complementaranse con roteiros ambientais durante a tarde (16:00 horas) só para este voluntariado, coa finalidade de agradecer o seu traballo e aumentar a súa sensibilización na conservación do espazo.

Inclúe dietas de desprazamento e para o xantar.

As persoas interesadas deben ser maiores de idade e inscribirse neste formulario>> aportando os seus datos xa que o aforo é limitado. A inscrición está aberta ata os dous días anteriores á actividade.

Igualmente, o Concello realizará tres roteiros ambientais ao marxe das xornadas de voluntairado. O primeira será o 11 de outubro por Monteferro, o segundo o 25 de outubro polo esteiro de A Foz do Miñor e o último o 31 de outubro polo espazo dunar de Praia América. Finalmente, realizaranse sendos roteiros temáticos, un sobre a cultura mariñeira de Nigrán o 18 de outubro e outro sobre o patrimonio etnográfico do mar o 1 de novembro. Todos serán ás 11:30 horas e, por cuestións de protocolo sanitario e o consecuente límite de aforo, é preciso a inscrición previa no mail turismo@nigran.org indicando os datos de todos os participantes e o roteiro en concreto no que se desexa participar.

O proxecto ésta subvencionado pola Unión Europea dentro do GALP Ría de Vigo-A Guarda