Se consideras que os cambios das últimas décadas foron grandes, empeza entón a prepararte para o que virá nos próximos 10 anos. A crise da COVID-19 permítenos intuír os cambios que experimentaremos e estarán á orde do día nos tempos por vir.

Debemos cambiar a forma de producir e consumir para reducir radicalmente as nosas emisións ao mesmo tempo que aumentamos a nosa calidade de vida e a resiliencia das nosas comunidades. Os próximos 10 anos sentarán as bases para lograr unha nova economía que será local, descarbonizada e resiliente, ou simplemente non poderá ser. O obxectivo non é só deixar de ser unha carga para o noso planeta; é repoñelo con vida e recursos. Un obxectivo loable de feito, pero como chegamos ata aí?

O termo “economía circular” cada vez aparece en máis contextos, perigando o seu sentido real. Unha economía circular é aquela que non desperdicia ni contamina, unha economía que mantén o valor dos produtos e materiais en uso e reconstrúe o capital natural dos nosos ecosistemas. Esa é a senda que debemos seguir, ainda que o desafío moitas veces é , como implementala a nivel local.

Por esta razón, a través da plataforma Zero Waste Europe da que somos parte, temos o orgullo de lanzar un Plan de Acción Residuo Cero: unha visión do que é o por que do residuo cero.

Neste Plan, describimos que entendemos por residuo cero, a súa historia e como levalo a cabo na vosa realidade local. Está deseñado para o funcionariado municipal, lexisladores, activistas do residuo cero, persoas líderes nas súas comunidades, profesionais de residuos e da planificación urbanística que buscan impulsar unha transición ambiciosa na súa cidade nun ou varios dos seguintes temas:

    • Resolver unha crise de residuos ou facer unha transición dun sistema centrado na xestión de residuos á xestión de recursos circulares.
    • Crear oportunidades para que o espírito emprendedor e as empresas locais prosperen.
    • Incorporar estilos de vida intelixentes, sostibles e saudables.
    • Eliminar tóxicos e emisións en produtos, servizos e infraestruturas.
    • Construír vecindarios resilientes e comunidades fortes, axudando á cidadanía a volver a conectarse entre si.

Tanto se estás no goberno municipal, como se estás a traballar en residuos, a redactar unha campaña local do residuo cero ou a construír un movemento comunitario, o Plan de Acción proporciónache os elementos necesarios para preparar un plan de residuo cero para a túa comunidade. Este plan e todas as ferramentas que se presentan foron deseñadas para axudar a cualquera concello, independentemente da situación na que se atope, a avanzar cara o residuo cero.

Agardamos que este recurso te axude a implementar a transición cara o residuo cero na túa comunidade.

A tradución ao galego deste informe e a impresión foi posible grazas a finaciación do programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia