O informe “Gandería e a súa contribución ao cambio climático” elaborado por Amigos da Terra en colaboración co Centro Vasco para o Cambio Climático ( BC3) achega unha perspectiva nova no debate sobre o impacto da gandería na emerxencia climática. O informe detalla como os sistemas que actualmente se utilizan para a medición de Gases de Efecto Invernadoiro ( GEI) causantes do quecemento global presentan unhas deficiencias metodolóxicas que non permiten coñecer a contribución total da gandería no cambio climático nin discernir a contribución en entre os distintos modelos de gandería existentes. Convidámosche a reflexionar con este informe sobre a relación entre a gandería e o cambio climático rompendo así o estigma que a gandería recibiu nos últimos anos.

Descarga o informe aquí