As comunidades enerxéticas locais son a clave para unha transición enerxética non só verde senón tamén xusta. Ante a crise que estamos vivindo as persoas estámonos dando conta da importancia de recuperar o control sobre os nosos propios recursos incluída a enerxía.

A urxencia climática avanza e as solucións que as empresas ofrécennos parece que están tan só tinguidas de verde. As grandes empresas que controlan o mercado enerxético supeditan o noso dereito á enerxía aos seus intereses económicos e non están dispostas a compartir o seu poder. En España o oligopolio enerxético leva anos afogando os nosos petos con prezos abusivos e premendo para evitar políticas cara a unha transición verde real.

A enerxía comunitaria a resposta máis xusta, sinxela e democrática para recuperar o noso dereito á enerxía. As comunidades enerxéticas son proxectos comunitarios que nos permiten controlar a forma na que queremos que se produza a nosa enerxía, sen danar á terra e sen danar ás persoas. Son o mellor xeito de asegurar un consumo enerxético máis eficiente e aliñado coas recomendacions científicas para evitar a crise climática. Ademais, as comunidades enerxéticas son un exemplo de solidariedade, de fortalecmento da democracia e de transformación das nosas comunidades. E todo isto, sen mencionar que nos permiten reducir o noso gasto en electricidade e, sobre todo, recuperar o control sobre el.

En todo o mundo hai moitas persoas que xa están apostando pola enerxía comunitaria. En España, Bélxica, Hungría… as comunidades enerxéticas só necesitan xente disposta a recuperar o seu poder e tomar as rendas da súa vida.

A revolución enerxética xa comezou úneste?