A crise da covid-19 é unha consecuencia do sistema capitalista, racista e patriarcal. E agora que o sabemos Que facemos? Este documento nado do Foro Social Mundial das Economías Transformadoras, desvela os aportes do ambientalismo da economía feminista para unha economía baseada na xustiza.

 

Trátase dun percorrido desde o ambientalismo e o feminismo cara á construción dunha economía que poña a vida no centro e posibilite unha recuperación xusta, baseada na solidariedade, para afrontar ás causas sistémicas da pandemia.

O documento nace da transcrición do seminario web celebrado o 30 de xuño por Amigos da Terra Internacional, a Marcha Mundial de Mulleres Brasil (MMM) e a Rede Latinoamericana de Mulleres Transformando a Economía (REMTE). A actividade formou parte do Foro Social Mundial das Economías Transformadoras e contou con Nalu Faria, da REMTE e do Comité Internacional da MMM e con Karin Nansen, presidenta de Amigos da Terra Internacional e autora do segundo capítulo deste documento: ”Máis aló da Covid-19: crise de acumulación capitalista e saídas do Sur”.

«A recuperación non pode ser unha volta ao que se consideraba a normalidade, porque xustamente ese é a orixe da crise. […] Necesitamos reverter iso e avanzar cara á xustiza en todas as súas dimensións —xustiza ambiental, social, de xénero, económica— e tamén cara á construción e o fortalecemento da soberanía dos nosos pobos e do poder popular”, declarou Karin Nansen.

Descarga o documento en portugués.

Descarga o documento en castelán.

 

O seminario pode verse aquí:

https://www.youtube.com/watch?v=_2bK0fsmaf8