O aumento de fondos destinados á Transición ecolóxica nos PGE para 2021 e a necesidade da transposición das Directivas Europeas REDII/MED á lexislación española, son unha oportunidade única para transición verde que España necesita.

Dende Amigos da Terra advertimos que esa transición debe realizarse tamén baixo criterios ambientais e sociais aliñados coa defensa da biodiversidade e os dereitos das comunidades de todo o Estado.

Parécenos lamentable o retroceso da transición enerxética xusta do Estado español, pero queremos subliñar que aínda estamos a tempo de seguir algúns camiños de países veciños como en Alemaña onde xa en 2016 o 42% da enerxía renovable proviña de proxectos cunha alta participación social.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico pechou onte a súa consulta pública previa para o impulso das comunidades enerxéticas no Estado español. Este proceso, que corresponde a un dos pasos necesarios para a transposición das directivas europeas REDII/MED á lexislación española, foi benvido polas organizacións sociais e ecoloxistas. Desde Amigos da Terra participamos no proceso de consulta sinalando ás comunidades enerxéticas como elemento clave para a descarbonización, descentralización e democratización do sistema enerxético en España.

“É impactante que a data de peche do ano 2020 o 61 % do consumo enerxético no Estado español proveña aínda de combustibles fósiles e enerxía nuclear. Estamos en total contradición co Acordo de París e a urxencia climática na que nos atopamos” sinalou Cristina Alonso, nosa responsable de Xustiza Climática de Amigos da Terra e engadiu “Necesitamos unha transición ecolóxica xusta e rápida, pero coidado: Non todo vale. O oligopolio enerxético en España xa está ofrecendo solucións que lles permiten manter o seu control absoluto do sistema enerxético mediante o despregue de megaproxectos enerxéticos, especialmente fotovoltaicos e eólicos. Si o Goberno non pon límite, estaría potenciando unha transición que nin é verde, nin é xusta”.

Recentemente movementos sociais como a Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica ou Aldeas libres de macroeólicos en Galicia estanse opoñendo a un modelo enerxético non democrático baseado na explotación de zonas rurais como simples territorios xeradores de recursos, sen ter en conta a súa biodiversidade nin a participación das comunidades na súa planificación enerxética.

A nova lexislación europea, a través das súas Directivas sobre o mercado eléctrico (MED); e a enerxía renovable (REDII), sinalou ás comunidades enerxéticas como elemento clave para evitar estes procesos antidemocráticos e conseguir alcanzar o obxectivo de reducir para 2030 as súas emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40% respecto de 1990.

“As comunidades enerxéticas son unha oportunidade clave para a democratización e descentralización do sistema e alegrámonos de que o Goberno abra esta necesaria consulta pública” dixo Cristina quen apunta “Con todo, a nosa máxima recomendación ao goberno é que realice unha boa transposición das directivas europeas poñendo á cidadanía no centro da transición impulsando tamén enfoques de xénero e interseccionalidade para que ninguén se quede atrás neste proceso”.

Amigos da Terra insiste en que o obxectivo principal das comunidades enerxéticas debe ser crear innovación social a través dunha actividade económica con fins non comerciais, e cuxos beneficios sociais, ambientais e/ou económicos recaian nas comunidades ou nas contornas onde viven as comunidades. Para iso, chamamos ao goberno a tomar as medidas correspondentes que faciliten un acceso adecuado á rede e ás necesarias fontes de financiamento, poñendo tamén límites aos custosos procesos burocráticos.

Para finalizar, creemos importante sinalar a importancia de incluír obxectivos vinculantes de potencia instalada ou enerxía producida reservada para as comunidades enerxéticas tanto na futura Lei de Cambio climático e transición enerxética como nos plans nacionais integrados de Enerxía e Clima, para evitar que a transición enerxética manteña o poder en mans das grandes compañías.

“Si queremos construír unha sociedade verdadeiramente resiliente a longo prazo, é necesario democratizar a enerxía e a lexislación europea abriunos as portas a iso. É a quenda do Goberno de facelo realidade”. concluíu Cristina Alonso de Amigos da Terra.