Bernardo Rodríguez Flores é pescador artesanal en El Viejo, Nicaragua. Cando iniciou a cría de pargo en gaiolas flotantes a xente do seu entorno era escéptica sobre os resultados desta alternativa de acuicultura sustentable.

Finalmente, outros homes e mulleres decidiron sumarse á súa iniciativa. Como el mesmo explica, as mulleres foron máis decididas a asumir o risco dunha nova actividade. Hoxe en día, a metade das persoas coas que traballa son mulleres que romperon co esquema da división sexual do traballo que afecta ao sector pesqueiro, fortemente masculinizado.