Dende Amigas da Terra queremos amosar a nosa solidariedade coa familia e achegados da
muller de 37 anos (Juliana Braga) que perdeu a súa vida a noite do pasado mércores cando non
pretendía máis que ir ao outro lado da rúa.

Solidarizarnos igualmente cos milleiros de persoas que cada día son víctimas de manobras de
moitos conductores e conductoras de Ourense que os poñen en perigo e que contribúen a
cidade hostil para peóns, patinetes, bicicletas e calquera medio de transporte ou uso do espazo
público que non sexa o do coche privado.

Nin esta morte nos colle por sorpresa nin os problemas de mobilidade en Ourense son unha novidade

En 2017 presentamos 13 medidas para a pacificación do tráfico e a mobilidade sustentable no
marco da Mesa da Mobilidade e da Semana Europea da Mobilidade.
En xullo de 2018, ante a vaga de atropelos instamos ao goberno municipal a instalación de
lombos “pasos de cebra elevados” como se comprometeran na mesa da mobilidade.

O 24 de novembro de 2019, unha muller foi atropelada mortalmente soamente a 100 m da
traxedia deste pasado mércores. Tamén de noite, tamén un día de choiva.
Recentemente Stop Accidentes elaboraba un informe sobre os pasos de peóns máis perigosos
nos que sinalaba a rúa Peña Trevinca.

E así poderiamos continuar cara atrás no tempo, no que as sucesivas corporacións non foron
quen de amosar a coraxe política necesaria para afrontar a pandemia do hostilidade vial en
Ourense.

Calquera de nos podería ter sido Juliana

A falla de visibilidade, a choiva ou a rúa estreita non son máis que pretextos para non abordar o
problema de fondo, a velocidade, a cidade hostil para os peóns, a mentalidade “cochecéntrica”
coa que a policía local, a concellería de urbanismo, o goberno municipal e a Xunta xestionan o
espazo público en Ourense.

A rúa non pode estar seccionada por unha fronteira que nos poña en perigo. Chea de ruidos,
contaminación e agresividade. Compre “pacificar o tráfico”, compre un cambio de mentalidade
para que as persoas poidan desprazarse pola cidade e sexan os vehículos os que ao subir ao
paso de cebra elevado invadan o terreo do peón. Adaptando a este o seu comportamento e non
a inversa.

É preciso limitar obxectivamente a velocidade, impedindo que os vehículos superen a
velocidade indicada de 30 km por hora neste caso. De nada serven as pinturas no chan de “paso
de peóns” de “perigo peons” ou de limitación a “40 ou 30” km/h se obxectivamente os vehículos
poden circular máis rápido.

Reclamamos a instalación de pasos elevados nos pasos de cebra da cidade (lombos) con
caracter xeral.

Este accidente non tería acontecido se a limitación a 30km/h fora un feito e non unha opción.
Facemos un chamamento as conductoras e conductores ante a súa responsabilidade individual e
colectiva para que non poñan en perigo a peons e biciusuarias.

Facemos un chamamento ao concello de Ourense para que asuma as conclusións da mesa de
mobilidade e presente con urxencia un plan de pacificación para a cidade de Ourense.
Non podemos agardar máis asasinatos, por moito que sexan involuntarios, nos pasos de peóns.