Xa está aquí o Nadal , unha época de excesos na que nos lanzamos as rúas a mercar desmesuradamente e dun xeito insostible tanto ambiental, como socialmente. Cada unha de nós, no Nadal, consumimos e contaminamos máis do dobre que o resto do ano.
Sabemos que temos máis do que necesitamos para vivir pero aínda así, enchemos as nosas casas de obxectos e agasallos de todo tipo. É normal, gústannos as sorpresas e o feito de comprar sorrisos e alegría é algo que xa forma parte da nosa cultura do Nadal.

Comprar, comprar, comprar e tirar, tirar, tirar. Pero e se nos saímos desa roda? E se lle damos unha volta?

A tod@s nos gusta facer comidas e ceas abundantes e orixinais, decorar as nosas casas con ambiente de Nadal,comprar e recibir agasallos, pero debemos saber que non todos son iguais (nin para nós nin para o medio ambiente).

Ademáis, este ano tan duro ensinounos moitas cousas, pero quizáis a máis importante de todas foi que é o verdadeiramente esencial, e descubrimos que non son os agasallos nin as grandes comidas, o esencial somos as persoas. As nosas familias, as nosas amizades. Pasar tempo de calidade con elas en entornos saudables foi o que nos arrebatou este ano, así que porqué non o poñemos no centro do noso Nadal?

E se ademáis plantexamos un consumo máis responsable que fortaleza ás pequenas iniciativas que temos preto, que cree emprego de agricultores/as do noso entorno, que reduza residuos e que free o cambio climático?

Temos moito poder como consumidoras e moita responsabilidade tamén!

Durante estas semanas imos achegar propostas e iniciativas que poidan inspirarte para integrar no teu Nadal e convidámoste a que tamén compartas as túas e tezamos unha rede de ideas que fagan destas festas unha oportunidade para adentrarnos nunha nova cultura que poña ás persoas no centro e recupere o esencial do Nadal.

Queres participar?

  • Fai unha foto xeitosa da túa proposta
  • Engade un pequeno texto de 2-3 liñas máximo
  • Publícaa nas redes sociais etiquetándonos e poñendo o hahstag #RecuperaATúaEcoEsencia
  • Tamén nola podes mandar ao correo voluntariado.galicia@amigosdaterra.net e xa a publicamos nós!