Desde a Plataforma #StopAmpliaciónAG59 rexeitamos o plan da Axencia Galega de Infraestructuras da ampliación AG59 Santiago – A Estrada cun custe de 48 millóns, por dous tramos dun total de 7,5km, e 5 minutos de aforro respecto as infraestructuras actuais. Parece unha inocentada en plena crise ecolóxica, social, económica… pero non o é!

Esta autovía pasa cun viaducto polo Río Ulla, Zona de Especial Conservación (ZEC) e Rede Natura 2000 da Unión Europea, así como polo río Vea e por espazos naturais do rural teense e estradense. Unha catástrofe ambiental que se atopa actualmente en estado de consulta pública ata o 4 de xaneiro de 2021. Por iso pedimos que asines e compartas a petición de change.org reclamando a retirada deste plan: http://chng.it/Q5S95zQNKB Pedimos máxima colaboración e difusión

Para formar parte da plataforma #StopAmpliacionAG59 ou do comunicado (apoiado por ADEGA, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, VerdeGaia, Amabul, A Xesteira e outros)
http://bit.ly/COMUNICADORETIRADAAG59 contacta con vocesdoulla@gmail.com antes do 2 de xaneiro!

Pedimos máxima colaboración e difusión!!!

Non máis autovías para o Cambio Climático!