A Comisión Europea abriu unha consulta pública para unha nova lei que podería esixir que as empresas da UE se aseguren de que a súa actividade non dane ás persoas nin ao medio ambiente en todo o mundo, e en caso de facelo pedir responsabilidades. Esta lei podería poñer fin aos seus continuos abusos: o traballo forzoso, a deforestación, a represión sindical, o acaparamento de terras, o vertido de residuos tóxicos, as emisións de CO2 sen control e a destrución da biodiversidade. Esta consulta pública estará aberta ata o 8 de febreiro e, desde Amigos da Terra, invitámosche a participar.

Por agora, non está nada claro que a nova lei que UE propón sexa o suficientemente forte como para acabar con estas continuas prácticas empresariais abusivas. Por iso, pedimos ás persoas decisorias políticas de Europa que responsabilicen legalmente ás empresas europeas por calquera dano que causen ás persoas e ao planeta e que participen no proceso da ONU por un tratado vinculante para as empresas en relación cos dereitos humanos. ¡Necesitamos e esiximos defender os dereitos humanos e o medio ambiente!

Amigos da Terra xunto a máis de 100 organizacións lanzamos unha campaña de recollida de apoios para asegurarnos de que esta nova lei sexa unha lei sólida e vinculante que realmente defenda ás persoas e o planeta.

Entra AQUÍ e únete

Que é o que está en xogo?

As grandes corporacións, desde os xigantes dos combustibles fósiles e os agronegocios ata os retallistas de moda e os fabricantes de produtos electrónicos, operan con impunidade en todo o mundo violando sistematicamente os dereitos humanos. Destrúen o medio ambiente, aceleran o cambio climático, abusan dos dereitos das persoas traballadoras e sindicais, expulsan ás comunidades indíxenas das súas terras e apoian a escravitude. Na actualidade quen se enfrontan aos abusos corporativos en todo o mundo a miúdo perden os seus traballos, se lles encarcera, desaparecen ou algo peor. Isto sucede especialmente en países de baixos ingresos de todo o mundo que necesitan a nosa solidariedade.

Levamos moitos anos denunciando este inxusto e desapiadado sistema empresarial ¡Queremos unha lei para protexer ás persoas e ao planeta dos abusos que cometen as grandes corporacións!

Asina aquí para levar esta mensaxe á UE e que non se someta ante os poderes económicos e as súas malas prácticas!