Familias vivindo entre os escombros en Brasil, empresas transnacionais expulsando familias mozambicanas das súas casas, persoas morrendo en Nixeria por petróleo, o sufrimento silenciado de Serra Leoa e a loita das persoas mariñeiras en Indonesia. 5 casos que demostran como as empresas da UE seguen violando Dereitos Humanos e devastando o medio ambiente con total impunidade.

Un informe de Amigos da Terra Europa que pon de relevo por que a Unión Europea debería aprobar con urxencia unha dilixencia debida de obrigado cumprimento en materia de dereitos humanos e medioambiente (mHREDD pola súa sigla en inglés). Unha normativa que esixa responsabilidade ás empresas transnacionais da UE tamén cando son as súas sociedades filiais as que causan os danos e que asegure que as vítimas destes abusos empresariais poden recorrer aos tribunais nos países de orixe de devanditas empresas.

Descarga o informe