A normativa europea esixía a España reutilizar e reciclar o 50% dos residuos municipais en 2020, un obxectivo que a denuncia ante a Comisión Europea demostra que non se vai a cumprir xa que se sitúa por baixo do 35%. Galicia é unha das comunidades con peores datos, lastrando ao resto do estado cun 20%.

Nunha alianza sen precedentes, 16 entidades sociais, tanto de ámbito estatal como territorial, denunciaron ao Estado español ante a Comisión Europea polo incumprimento do obxectivo de reutilización e reciclaxe do 50% para 2020 marcado pola Unión Europea. Anos e anos de políticas erráticas do departamento que hoxe dirixe Teresa Ribera e da Xunta de Galicia, con porcentaxes de recollida selectiva e reciclaxe estancados e total desinterese para fomentar a prevención e a reutilización motivaron a estas organizacións para dar este paso histórico, segundo detallaron esta mañá diferentes persoas representantes.

“Todas as prospeccións sobre a preparación para a reutilización e reciclaxe en 2020 obrigan a pensar que no Estado español non se cumprirán os obxectivos establecidos pola Directiva 2008/98/CE”, reza a denuncia presentada por este grupo de colectivos. Segundo os últimos datos presentados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a reciclaxe de residuos municipais en España situábase no 35% en 2018. E, non só esta insuficiente cifra empeorou nos últimos anos, senón que ademais España non puxo en marcha ningunha das políticas que a Comisión lle ha ido recomendando nos últimos anos para chegar ao obxectivo do 50% en 2020. “O incumprimento resulta máis que evidente e é un síntoma claro da ineficiente xestión dos residuos en España”, sentenciaron os denunciantes.

Na lista de asinantes da denuncia se aúnan entidades de distintos perfís e ámbitos, como a principais ONG ambientais do estado, pero tamén organizacións de diferentes territorios como Baleares, Navarra, Euskadi, Catalunya, Canarias ou Galicia, onde se están sufrindo as consecuencias sociais, ambientais e económicas deste incumprimento.

Non caso de Galicia, o modelo Sogama situános á cola non so do estado senon de toda a unión Europea en termos de reciclaxe. As cifras máis optimistas sitúan este dato nun 20% de recuperación material para a reciclaxe, contando os outros dous sistemas de xestión de residuos en Galicia, como son Nostián e Lousame, este último recupera toda a materia orgánica producida para destinar á compostaxe e ten unhas taxas de reciclaxe que triplican as de Sogama1. O restante 85% de resíduos producidos en Galicia é queimado na súa incineradora cunha moi pobre recuperación de enerxía e enterrado no seu vertedoiro sen ningún tipo de tratamento.

“Nun escenario de emerxencia climática como no que nos atopamos, non podemos permitirnos seguir mantendo un modelo como Sogama, extremadamente centralizado baseado na queima e o vertido de recursos e que non é quen de se quera achegarse aos obxectivos esixidos pola Unión Europea, mantendo a Galicia á cola do estado e mesmo de Europa ”, declara María Durán, de Amigos da Terra.

Na súa denuncia, máis aló de solicitar que a Comisión Europea admita a trámite a súa reivindicación, as entidades demandan un cambio de rumbo inmediato por parte da vicepresidenta Teresa Ribera, principal responsable dentro do Executivo español. Este xiro de 180 graos pasa por traspoñer as novas Directivas de residuos a través dunha nova Lei de Residuos participativa e ambiciosa, con ferramentas que aseguren o cumprimento obrigatorio dos novos obxectivos de reutilización e reciclaxe.

Enlaces de interese:

Informe sobre la denuncia

Fotos de recurso

Compactado de imáxes de recurso para medios audiovisuais

Entidades asinantes da denuncia:

Amigos de la Tierra, Centre d’Ecologia i Projectes Alternatius (CEPA), Clean Ocean Project, Estratègia Catalana Residu Zero, Ecologistas en Acción, Eguzki, Grup Balear d’Ornitologia (GOB), Greenpeace, Gurasos, Mater Museoa, Lurra Nafarroa, Rezero, Retorna, Surfrider Foundation Europe, Sustrai Erakuntza y Unión Sindical Obrera (USO).

1 (Datos extraidos da memoria anual de xestion de residuos do Ministerio de Transicion ecoloxica e reto demografico recentemente publicada)