Empresas transnacionais e gobernos de todo o mundo están a usar o concepto “cero neto” como unha promesa para encubrir a súa inacción climática. A única solución real para poñer fin á crise climática é deixar de queimar combustibles fósiles e non resolver este problema con ideas fantasiosas. Necesitamos accións inmediatas e un cambio de sistema. Pero quen ostenta o poder agochase detrás do concepto “neto” de “cero neto” e afirma que con pagar a outros para que absorban as emisións de carbono a través do sistema de compensación de emisións é suficiente en lugar de emprender accións por si mesmos.

Este informe, publicado por Amigos da Terra Internacional, desentraña os argumentos científicos da teoría do “cero neto” e como se están usando para encubrir a falta de acción climática. Analiza as novas estratexias para expandir os mercados de compensación de emisións de carbono, ligadas á nova demanda de compensacións vinculada ás promesas de redución de emisións a “cero neto”. Tamén explica o papel dos diversos actores involucrados nos esforzos para que “a compensación de emisións volva estar na cúspide”. Entre eles hai actores menos evidentes como algunhas das grandes organizacións conservacionistas convencionais, e tamén os máis evidentes: como os bancos, a industria financeira, e os intereses empresariais que defenden manter o status quo da produción e o consumo de combustibles fósiles.

“Cero neto” significa que as empresas de combustibles fósiles poden seguir explorando, perforando, extraendo e queimando combustibles fósiles, mentres que alguén outro noutro lugar absorbe o dióxido de carbono da atmosfera e mágicamente compensa as emisións. Pero as terras de quen, os bosques de quen se usará para absorber ese carbono? Calquera futuro con combustibles fósiles necesitaría unicornios de carbono.

Estímase que a superficie de terra necesaria para secuestrar ou capturar tan só 2 Gt de CO2 mediante a restauración de ecosistemas é de 678 millóns de hectáreas, aproximadamente o dobre da superficie terrestre da India. As comunidades do Sur global xa están a enfrontar grandes acaparamentos de terras e recursos, a perda de medios de sustento e violacións dos seus dereitos territoriais.

As metas de redución de emisións a “cero neto” deben transformarse en metas de redución a Cero Real, e incluír a eliminación progresiva e total dos combustibles fósiles e a agricultura industrial, sen deixar de lado a equidade e os dereitos das comunidades cuxos medios de sustento dependen destes ecosistemas.

 

Informe para descargar >>>