Este venres 19 de marzo terá lugar unha gran mobilización global convocada por “Juventud por el Clima” (Fridays for Future), baixo o lema ‘Non máis promesas baleiras’ para denunciar a inacción dos nosos gobernos fronte a Emerxencia Climática e esixir medidas inmediatas, concretas e ambiciosas. No medio das diversas crises de saúde pública, sociopolíticas e económicas que o mundo segue enfrontando, activistas polo clima prepáranse para a próxima gran acción climática mundial o 19 de marzo.

Necesitamos medidas urxentes! Pasaron cinco anos desde que se asinou o Acordo de París e tres anos desde que se deu a coñecer publicamente o alarmante informe do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) pero numerosos países de todo o mundo comprometéronse a promesas aparentemente ambiciosas aínda que baleiras, un fenómeno moi perigoso, porque dan a impresión de que se están adoptando medidas suficientes, pero en realidade non é así, xa que estes obxectivos están cheos de lagoas, contabilidade creativa e supostos pouco científicos.

Actúa este 19 de marzo!

En Galicia dende o Movemento Galego polo clima están convocadas diversas accións para este 19 de Marzo en diferentes localidades. Gardando todas as medidas sanitarias (distancia de seguridade, máscaras e indicacións das persoas responsables) concentrarémonos en parques de distintas vilas ou cidades. Animámoste a levar o teu propio cartel para despois facer fotos e deixalos colgados nese espazo verde. Senón podes acudir animámoste a que ese día deixes un cartel colgado dunha árbore preto da túa casa ou que o poñas nunha xanela e que nos envíes foto para compartir por redes buscando #Nonmaispromesasbalerias #Nomaspromesasvacias #NoMoreEmptyPromises

Localidades:

  • A Coruña: Parque Europa
  • Bertamiráns: Parque do Ameneiral
  • Ferrol: Cantón de Molíns
  • Lugo: Parque Rosalía de Castro
  • Ourense: Parque de San Lázaro
  • Ribadeo: Praza de España
  • Santiago de Compostela: Alameda
  • Tui: Monte Aloia (capela de San Sixao)
  • Vigo: Parque de Castrelos
  • Vilagracía: Xardín do Cavadelo

Accede ao manifesto aquí>>