Amigos da Terra propoñemos 10 medidas positivas para acelerar a transformación cara ao mundo climáticamente xusto que necesitamos. Liberarnos progresivamente dunha economía dependente de combustibles fósiles e transformar o noso sistema enerxético é clave para unha transición xusta: de agora en diante poñamos a vida e os dereitos dos pobos e a xustiza no centro do noso sistema.

O capitalismo está socavando as nosas necesidades humanas básicas e levando ao bordo do colapso os nosos sistemas ecolóxicos e sociais. A necesidade de restaurar a relación entre as nosas sociedades e a natureza nunca foi tan urxente. Temos que construír unha recuperación xusta, sobre a base da xustiza ambiental, social, de xénero, racial e económica centrada na xente.

Descarga as 10 demandas clave para transformar o sistema enerxético.