Máis de 130 colectivos, plataformas e entidades galegas de todo tipo (ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais, políticas…) botaranse este sábado 5 de xuño ás rúas de Compostela para manifestar o seu rexeitamento contra a invasión eólica de Galiza. Así pois, ás 22 entidades convocantes da marcha, sumáronse na última semana máis dun cento de organizacións de diversa índole que subscriben o manifesto “Eólica, Así Non” e que amosan a súa vontade de participar na manifestación do 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Estas organizacións únense ao chamado á participación da sociedade galega nunha grande mobilización social que esixa dun xeito contundente e masivo a paralización urxente de preto de 200 proxectos eólicos que arestora están en tramitación nas administracións da Xunta e do Estado e que pretender asentarse dun xeito caótico e irracional no noso territorio.

O manifesto “Eólica, Así Non” que subscriben todas estas entidades advirte das graves deficiencias que presenta o actual modelo de desenvolvemento eólico de Galiza e que considera desfasado, colonial, inxusto e insostíbel. Insta a derrogar o actual Plan sectorial eólico por carecer de ordenamento e avaliación ambiental e favorecer a especulación e o negocio do oligopolio enerxético por riba do ben común, dos dereitos das persoas, do futuro do rural, ou da preservación da paisaxe, da contorna natural e do patrimonio cultural.

Segundo as entidades adheridas ao manifesto, a transición enerxética está sendo usada como escusa polas grandes multinacionacionais da enerxía para facer o seu particular “lavado verde” e destruír de novo o territorio galego coa conivencia das administracións públicas e a regalía dos fondos europeos. O escrito chama a atención sobre o papel de Galiza como territorio xa especialmente prolífico na produción de enerxías renovábeis, que xa supera o consumo actual e exporta o 30% da electricidade xerada.

As máis de 130 organizacións que teñen intención de participar nesta Gran Marcha contra a inasión eólica tamén reclaman á Xunta a derrogación da Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais (2017) e a Lei de simplificación administrativa (2021) (“Leis de depredación”) que rebaixan as garantías ambientais e restrinxen os dereitos dos cidadáns.

Porén, como reza o manifesto “Eólica, Así Non” estas entidades apoian as enerxías renovábeis, mais avogan por un cambio de modelo de desenvolvemento eólico cara a un sistema descentralizado, baseado na soberanía enerxética, no fomento do aforro, da eficiencia enerxética e do autoconsumo e na xestión pública do recurso ao servizo da sociedade galega.

Ligazón ao manifesto EÓLICA, ASÍ NON: https://bit.ly/2SvKTU6

Da Alameda á Praza do Obradoiro

Dado o amplo número de entidades convocantes e adheridas que participarán nesta gran mobilización social, prevese unha elevada afluencia de manifestantes este sábado en Santiago de Compostela.

A marcha sairá ás 12 horas desde a Alameda e seguirá o seguinte percorrido: Rúa da Senra, Praza de Galiza, Rúa Doutor Teixeiro, Rúa República do Salvador, Rúa Hórreo, Rúa das Orfas, Cantón do Toural, Rúa do Vilar, Rúa Xelmírez, Rúa de Fonseca, Rúa do Franco, ata chegar á Praza do Obradoiro.

O remate do percurso terá lugar ao pé da Catedral de Santiago onde se lerá o manifesto “Eólica, Así Non” por voceiros/as de colectivos que representan as ducias de plataformas sociais ou veciñais de toda Galiza especialmente afectadas pola actual invasión eólica. O acto será conducido pola actriz Patricia Vázquez e estará amenizado polo son de bombos e gaitas.

Co gallo de cumprir coas necesarias medidas de seguridade e velar polo adecuado discorrer da marcha de manifestantes, contarase cun servizo de orde. Malia todo, prégase aos colectivos e persoas participantes que sexan responsábeis, garden as distancias de seguridade e leven sempre posta a máscara de protección.

 

Entidades convocantes:

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA, Amigos da Terra, Confederación Intersindical Galega – CIG, Federación Ecoloxista Galega – FEG, Federación Rural Galega – FRUGA, Verdegaia, Rede do Patrimonio Cultural, Rede Galega por un Rural Vivo, Aldeas Libres de Macroeólicos-Non ao Macroparque Ordes-Curtis, Amigas das Árbores de Ourense, Asemblea do Suído, Asociación de Veciños O Outeiro de Sanamede de Monte – Afectados Troitomil de A Baña, Asociación Roxín Roxal , Asociación O Sorriso de Daniel, Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”, Calo rural, Colectivo A Rula, Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro, Plataforma pola Recuperación do Sar, Quijote de Outes, Rede do Rural, Salvemos A comarca de Ordes, Sos Encrobas.

Entidades adheridas:

A Gentalha do Pichel, A Rente Do Chan – Pladever, A. C. Movemento Oia, Aire Limpo nas Mariñas – Mandeo, Alarma na Terra de Montes, Anova Irmandade Nacionalista, Arquitectura Sen Fronteiras, As Tres Nebrosas, Asemblea Republicana Galega, Asociación A Volta Grande do Courel, Asociación A-Legre, Asociación Ambiental Senda Nova, Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asociación Boa Vida – FISA, Asociación Cultural “Vagalumes” de Tabeirós-Terra de Montes, Asociación Cultural Arumes do Corgo, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Cultural Eira Vella, Asociación Cultural Eme de Meira, Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega – AELG, Asociación Fonte Seca, Asociación Galega de Consumidores e Usuarios – ACOUGA, Asociación Galega de Custodia do Territorio – AGCT, Asociación Naturalista do Baixo Miño – ANABAM, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula, Asociación pola Defensa da Ría – APDR, Asociación pola protección animal Abeiro, Asociación REBINXE, Asociación socioeducativa Antonio Gandoy, Asociación Veciñal Chan da Rotea, Associaçom Cultural O Quilombo, Associaçom José Afonso – AJA Galiza, Bloque Nacionalista Galego – BNG, C.D.R. “O Viso”, Causa Galiza, Centro Social Gomes Gaioso, Club Alpino Ourensán, Club de Montañismo Montañas de Trevinca, Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, Co-mando Ghichas, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Colectivo Capitán Gosende, Colectivo Ecoloxistas do Salnés – CES, Colectivo Feminista Deza Tabeirós, Colectivo Terra, Comité de Defensa das Rías Altas, Comité Galego do PCE (m-l), Compostela Aberta, Comunidade de Montes de Candeán, Comunidade de Montes de Coruxo, Comunidade Vangarda Obreira de A Coruña, Contramínate, Donas de Nós, ECOAR))) Global, Ecoloxistas de Catoira, Eiquí Eólicos Non, Erguer. Estudantes da Galiza, Escolas de Ensino Galego Semente, Federación de Asociacións Culturais GALIZA CULTURA, Fundación EIRA, Galicia Ambiental, Galiza Nova, GREFA, Grupo Naturalista Hábitat, Instituto de Estudos Miñoráns – IEM, Interior Galego Vivo – IGV, Lagares Vivo, LS. Faísca de Vigo, Marea Atlántica, Mesa Eólica Merindades de Burgos, Mina Alberta Non, Mina Touro O Pino Non, Movemento Arredista, Movimento Ecoloxista da Límia – MEL, Músicas ao Vivo, Non L.A.T. Carmoega Galegos, Nova Escola Galega, O Rural Quere Xente, Patrimonio dos Ancares, Plataforma Afectados polos Eólicos Lalín, Plataforma Bierzo Aire Limpio, Plataforma Casalonga limpa de residuos, Plataforma de veciños/as afectados/as Eólicos Vila de Cruces, Plataforma Defensa do Sur da Dorsal Galega, Plataforma en defensa da Ría de Sada e Betanzos, Plataforma Galega pola Terceira República, Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma polo Monte As Salgueiras, Plataforma Salvemos Catasós, Plataforma veciñal mina Touro O Pino non, Platatorma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica – PDCC, Rebeldía Galicia, Rede Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo, Rente ao Couce, S.O.S. Patrimonio Monte do Gato Seselle, Salvemos o Támega, Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza – STEG, Sindicato Labrego Galego – SLG, Sociedade Galega de Historia Natural – SGHN, Sociedade Galega de Ornitoloxía – SGO, Sos Groba, SOS Suído Seixo, Stop eólicos Negreira, Tarabela, Unión da Mocidade Galega, Véspera de Nada.