Destacamos o papel do método biointensivo para recuperar e manter a fertilidade do solo, así como para incrementar a súa resiliencia fronte aos impactos do cambio climático

No Día Mundial da loita contra a Desertificación e a Seca este método agroecolóxico de cultivo de alimentos a pequena escala é un aliado perfecto, e así o demostra un estudo realizado pola organización ecoloxista

Este ano, no Día Mundial da loita contra a Desertificación e a Seca, conmemórase o traballo de transformación das terras degradadas en terras sas, co título: “Restauración. Terras. Recuperación”. Como organización pioneira en la introdución do método biointensivo en España desde fai 2 anos, destacamos o papel clave do método biointensivo para recuperar e manter a fertilidade do solo.

O cultivo biointensivo permite producir os alimentos suficientes para unha dieta equilibrada nun espazo mínimo e sen prácticamente utilizar recursos externos á área de cultivo, á vez que rexenera o solo ata 60 veces máis rápido que a propia natureza. Por este motivo é un aliado clave na loita contra a desertificación e a seca.

Da man de Ecology Action, organización inventora e impulsora do método, e ECOPOL, organización mexicana dedicada á difusión do mesmo, Amigos da Terra conseguiu formar e acompañar a 80 persoas que aplican os principios deste método agroecolóxico en Aragón, Galicia, Ibiza, A Rioxa, Madrid e Mallorca, grazas ao proxecto que conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e da Fundación Biodiversidade

Dende Amigos da Terra sinalamos os resultados preliminares dunha investigación que estamos levando a cabo na que demostramos, en promedio, rendementos 2,5 veces superiores por unidad de solo que os promedios españois publicados polo Ministerio de Agricultura, unha vez analizados 189 datos do peso de colleitas de 39 cultivos diferentes. O estudo, que se completará en decembro de 2021, aportará información adicional sobre uso do a gua, que chega a reducirse nun 77%; uso de fertilizantes externos que se reduce drasticamente, evitando o esgotamento dos recursos naturais; e mellora do solo logo de 2 anos de cultivo en biointensivo, tanto a efectos de fertilidade da terra como da súa resiliencia fronte ao cambio climático.

En España, máis de dúas terceiras partes do territorio pertencen ás categorías de áreas áridas, semiáridas e subhúmedas secas. A combinación de factores e procesos como a aridez, a seca, a erosión, os incendios forestais ou a sobreexplotación de acuíferos deron orixe ás distintas paisaxes ou escenarios típicos da desertificación no país. Esta situación foi ocasionada fundamentalmente pola actividade humana e as variacións climáticas: a vulnerabilidade dos ecosistemas de zonas secas, que cobren un terzo da superficie do planeta, á sobrexplotación e o uso inadecuado da terra.

Desde fai anos, traballamos para revitalizar e reconstruír os solos en España co impulso da compostaxe a todos os niveis co fin de aproveitar a materia orgánica e incrementar a súa presenza nos solos. Agora da un paso máis nesta dirección ao ser o vector de difusión do método biointensivo, enfocado ao autoconsumo e a comercialización a pequena escala, e que conta dentro dos seus principios fundamentais o cultivar na propia horta os materiais necesarios á fabricación de compost utilizado posteriormente como fertilizante. Deste xeito, a horta produce os alimentos para unha dieta equilibrada e mantén e incrementa a boa saúde do solo.

En Galicia as formacións dos agricultores iniciáronse en 2019 e permitiron chegar á posta en marcha do método biointensivo en 16 hortas. Cada participante puido contar cunha análise do seu chan e unha recomendación de aporte de enmendas como compost e outros elementos ecolóxicos, co fin de aportar os nutrientes adecuados en función das características iniciais de cada solo. Tamén se puido aportar asesoramiento continuo, o que permitiu en xeral bos resultados en canto a aceptación dos principios do método biointensivo por parte dos participantes e en canto a colleitas. Galicia é la rexión con maior número de hortas (16), cultivos (34), registros (115), área (315,69 m2) e produción total (936,97 Kg.) onde as formacións realizáronse nas primeiras etapas do proxecto o que permitiu unha implantación máis rápida do método na súa rexión e permitiu en moitos casos rexistrar colleitas de dous ciclos de cultivo.

En canto ao índice de rendemento (IR) Biointensivo observamos 39 registros de colleita (36,8%) con rendementos menores dos esperados, 67 registros de colleita (63,2%) iguais ou por encima do rendemento esperado para o nivel básico biointensivo. O IR promedio para Galicia con respecto ao nivel básico do método biointensivo é de 1,63, o que significa un rendemento promedio 63% maior que o esperado. Os cultivos con peores IR son o allo, porro e cogombro e no lado oposto atopamos os mellores no caso do pemento de Padrón e os chícharos.

A diversidade de cultivos nas hortas biointensivas de Galicia é moi alta, e os cultivos que ocuparon unha maior área nas hortas biointensivas de Galicia son a faba de inverno e o centeno no ciclo de inverno; e o maíz, o tomate e a pataca no ciclo de verán.

As características climáticas de Galicia permiten a produción de alimentos durante todo o ano e favorece unha maior diversidade de cultivos. Tamén se favoreceu desde o proxecto a introdución de novos cultivos brindando información e intercambiando sementes.

Por ultimo, mencionar que a maior dificultade en Galicia para lograr cumprir coa regra da sostenibilidad do 60/30/10 é a reducida área destinada a cultivos de calorías, sendo o ciclo de inverno onde se presentan as maiores dificultades, polo que é necesario explorar novos cultivos de calorías para lograr avanzar cara a unha dieta completa.

O informe preliminar completo atópase en:

https://www.tierra.org/wp-content/uploads/2020/11/Informe_Suelo_III.pdf

 

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade