Defendamos o clima, a saúde e a vida

Organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas concentraranse o sábado 19 de xuño ás 12 h. nos peiraos de A Coruña, Vigo, Barcelona, Palma e Valencia para pedir ao goberno español que volva prohibir a entrada dos cruceiros nos portos españois por razóns sanitarias fronte ao covid-19, de saúde pública e de emerxencia climática.

As concentracións en Galicia terán lugar o vindeiro sábado 19 de xuño ás 12h no Obelisco da Coruña e na Estación Marítima de Vigo

España é o segundo país europeo con máis emisións de efecto invernadoiro procedente dos barcos e o primeiro máis contaminado por cruceiros até que o sector cesou a súa actividade pola pandemia en 2020.
En 2019, 11 millóns de pasaxeiros chegaron a bordo de 4.236 cruceiros, concentrándose especialmente nas principais cidades da costa Mediterránea e Canarias.

Barcelona e as Baleares, con 3,1 e 2,6 millóns de pasaxeiros; e as Palmas e Santa Cruz de Tenerife con 1,4 e 1 millón de pasaxeiros respectivamente. Séguenlle cidades como Cádiz e Málaga con máis de 470.000 viaxeiros e Valencia con 435.600. No caso de Valencia proxéctase, ademáis, a ampliación norte do porto para barcos contedores e unha nova terminal para cruceiros e transbordadores no peirao de Levante, xunto ao Barrio de Nazaret. O Porto de Barcelona acaba de outorgar unha concesión a MSC para construir unha nova terminal de megacruceiros no peirao Adossat e o porto de Tarragona amplía o Moll de Baleares para albergar unha nova terminal de cruceiros.

A Coruña e Vigo están situados a tan só 40 quilómetros do Corredor Marítimo de Fisterra onde navegan 40.000 barcos anualmente e propón ampliar as atracadas de cruceiros coa desafectación dos terreos portuarios, situados no centro da cidade. Esta situación incrementa as emisións poñendo en alto risco a saúde da poboación.

Ante a reciente resolución do goberno central erguendo o veto aos cruceiros desde o 7 de xuño, as organizacións convocantes piden ao Goberno español que rectifique e manteña a restricción por razóns sanitarias, de protección á saúde pública en cumprimento das obrigas climáticas. As organizacións consideran que o turismo de masas e especialmente o de cruceiros constitúe un elemento de alto risco para a propagación dos novos gromos da Covid-19. Tamén piden ao Goberno central que actúe sobre o sector coa mesma determinación que o fixo a raíz da crise sanitaria da covid-19, para facer fronte á pandemia da contaminación que sofre a poboación directamente exposta ás emisións dos megacruceiros e á emerxencia climática.

Consideran a actividade de cruceiros incompatible coa protección da saúde e o medio ambiente, por ser un turismo de altas emisións contaminantes (SOx, NOx e Partículas ultrafinas), extractivista no uso intensivo de recursos naturais (p.e auga), que causa enormes impactos sobre as poboacións destinatarias (p.e., turistificación) e os ecosistemas marinos (p.e. danos a cetáceos) e litorais.

Denuncian tamén a operación de maquillaxe verde dos cruceiros e os portos con falsas solución tecnolóxicas como o gas natural licuado, o biometano ou o hidróxeno verde; que ademáis de ser inviable, terían enormes impactos climáticos, sociais e ecolóxicos. As organizacións convocantes tamén expresan o seu rexeitamento aos plans de ampliacións de peiraos mediante recheos no mar como os anunciados pola Autoridade Portuaria de Vigo.

Así mesmo instan ás administracións autonómicas e locais a situarse ao lado da cidadanía e o interés común, en virtude das súas competencias sobre medio ambiente, saúde e turismo, empregando todos os medios disponibles para oporse ás ampliacións portuarias e ao turismo de cruceiros nas nosas ciudades. Unha actividade que pon en risco a nosa calidade de vida e a saúde do planeta, que xera enormes desigualdades nun contexto de fonda crise ecosocial e enerxética, que só favorece aos catro oligopolios que controlan o mercado global, que acumulan beneficios astronómicos cada ano a costa da evasión fiscal, a saúde, o planeta e a explotación laboral.

Asemade, as organización fan un chamamento especial á cidadanía para que tomen conciencia dos impactos do turismo de cruceiros e en xeral do turismo de masas baseado na hipermobilidade. Non só por constituir un elemento de risco para a propagación e os novos gromos do covid-19, tamén polos impactos irreversibeis sobre a nos saúde e a do territorio. Por iso, piden a implicación activa da cidadanía para que opten por unhas vacacións a favor da economía local e respectuosas co medio ambiente.

Organizacións convocantes en Galicia: Amigas da Terra, Asociación pola defensa da ría de Vigo “Cíes”, Mar de Fábula, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Verdegaia

#StopCruceiros #StopCruceros #StopCruises #StopCreuers

A nivel Estatal Convocan:

Plataforma Zeroport, Assemblea de Barris pel Decreixement Turístic, Ecologistes en Acció de Catalunya, Plataforma contra els Megacreuers de Palma, GOB Mallorca, Terraferida, Comissió ciutat-port de València, Ecologistes en Acció de Valencià, Ecoloxistas en Acción Galiza, Mar de Fábula, Amigas da Terra, Asociación pola Defensa da Ría de Vigo “Cies”, Verdegaia, Ciutat per a qui l’habita, Plataforma per la Qualitat de l’Aire, Observatori DESC, Procés Constituent, Recuperem Marivent, Acció Ecologista Muntanyera, Plataforma Emergència Climàtica Pla de l’Estany, Anticapitalistes Catalunya, Fundació La Plana, Extinction Rebellion Barcelona, Palma XXI, Ateneu Independentista d’Hostafrancs – Espai Basset , Joventut x Clima – Fridays For Future Mallorca, Fridays for Future Barcelona, Associació Catalana d’Enginyeria Sense Fronteres, SODEPAU, Associació Veïnades Canamunt-Ciutat Antiga, Federació d’Associacions de veïns de Palma, Associació Veïnal Coll Den Rabassa,Prou soroll, Entrepobles, ClimAcció, Fridays For Future València, Associació. Salut i Agroecología, Moviment per l’Aigua Pública i Democràtica, Greenpeace, Greenpeace Valencia, Solidaritat i Comunicació, Alba Sud, Associació veïnal de la Malva-rosa, Plataforma en defensa de la Barceloneta, Barceloneta diu prou, Assemblea 15M Sarrià – St. Gervasi, Aliança per l’Emergència Climàtica de València, La Garrofera, Assemblea Pel Clima Sant Cugat del Vallès, ATTAC-Catalunya,, Ateneu Lloseta, Consell Nacional de la Joventut de Catalunya, Xarxa per la Justícia Climàtica, Intersindical Valenciana, Federació d’Ensenyament de CCOO del País Valencià, Comissió d’Habitatge de la Barceloneta, Área de Pau i Solidaritat de EUIB, Rebel.lió o Extinció Balears, Volem Sencelles, Xarxa Municipalista Mallorca, Tanquem Cofrents, Perifèries, Partido Socialista libre federación Palma, Fem Sant Antoni, Candidatura d’Unitat Popular (CUP), Crida LGBTI, Asociación Cultural Olivereta Patraix (ACOPA), Podem València, Cooperativa de consumo La Seca, Federació d’Associacions Veïnals de Barcelona (FAVB), AV La Calatrava, Servei Civil Internacional de Catalunya, Avv Son Rapinya, Espai Feminista de Sants, Ecologistes en Acció de Tarragona, Fem Front al Turisme, Assemblea de Barri de Sants, Novact, AV La Calatrava, AVV Rei En Jaume (Alboraia), Sobrassada de Peix Manacor, Més País, Associació de Veïns i Comerciants Amics del Carme- València, NoToxicMenorca, EntreBarris. València, Associació de Veïns i Veïnes de Natzaret. València, Lafede.cat – Organitzacions per a la Justícia Global, Federació d’Associacions Veinals de Valéncia, Mallorca Sostenible, Associació veïnal el palmar València, Anticapitalistes Illes Balears