Unha parte importante do proxecto para a promoción dos dereitos das mulleres en Honduras é a formación das mulleres no coñecemento e empoderamento para a esixibilidade dos seus dereitos.

Así, en decembro de 2020 realizouse un evento de formación con 54 mulleres lideresas e con responsabilidade de toma de decisións do Municipio de El Corpus sobre os Dereitos Humanos (DDHH), os Dereitos das Mulleres e os mecanismos do Estado para o cumplimiento destes dereitos. A meta foi visibilizar ante as mulleres de “Tierra Adentro” (mulleres rurais) a importancia que ten a esixibilidade dos seus dereitos no desenvolvemento das súas vidas e as súas comunidades. As institucións municipais so chegan a estas comunidades con motivo dos procesos electorais e non adican recursos económicos suficientes a atender as súas necesidades e dereitos.

Neste evento elixíronse 35 mulleres, 10 de comunidades rurais, para participar nunha escola de formación en equidade de xénero. En xaneiro de 2021 realizouse unha nova xornada para a construción participativa dos contidos dos 6 módulos e o evento de peche desta escola, así como das reglas de ouro e outros aspectos loxísticos e metodolóxicos.

No primeiro módulo da escola de lideresas, a inicios de febreiro de 2021, as mulleres reflexionaron co apoio das facilitadoras e operadoras de xustiza invitadas sobre: o xénero e o sexo, as discriminacións de xénero, a división sexual do traballo, a igualdade, a equidade e a xustiza de xénero, a autoestima e os tipos de liderazgo, e os enfoques de desenvolvemento e o xénero en desenvolvemento.

A finais de febreiro de 2021, no segundo módulo, as participantes intercambiaron coas facilitadoras e a avogada defensora dos Dereitos das Mulleres invitada sobre os seus coñecementos e vivencias relacionadas con: Dereitos Humanos; Dereitos Económicos, Sociais, Culturais e Ambientais; Dereito Humano á Alimentación e Nutrición Axeitada e Soberanía Alimentaria; e o marco legal internacional e nacional de protección dos DDHH e dos Dereitos das Mulleres.

No terceiro módulo, a finais de marzo de 2021, as mulleres compartiron coas facilitadoras, a Coordinadora da Mesa de Xénero da Rexión Golfo de Fonseca e a avogada defensora invitadas sobre: poder e tipos de poder, historias de mulleres empoderadas a nivel internacional, nacional e local, instrumentos legais que fundamentan o empoderamento, empoderamento organizacional, empoderamento persoal, e a autoestima e o autocontrol.

Unha vez desenvolvidos os tres primeiros módulos da escola de lideresas, as mulleres están moi contentas e orgullosas de participar neste proceso, xa falan bastante durante as dinámicas de grupo e un pouco nas discusións colectivas e comparten moito coas outras mulleres nas súas comunidades. Reflexionaron sobre os seus dereitos, a violencia de xénero, as cargas domésticas e a co-responsabilidade

A formación supón ademais unha oportunidade para estas mulleres de vivir novas experiencias como durmir fora da casa, e adicarse a autocoidado e o empoderamento xunto con mulleres doutras comunidades coas que compartir as súas inquedanzas e aprendizaxes.

Agora xa abriron varias portas e teñen moitos soños por cumprir e por compartir. Non lles será nada fácil cunha cultura patriarcal tan arraigada, pero están seguras de seguir adiante.