Amigos da Terra porn en marcha unha campaña de Educación e comunicación ambiental na que o concello de Vilaboa e a Deputación de Pontevedra a través do Plan Revitaliza queren visibilizar o esforzo de veciños e veciñas que ao longo dos últimos 4 anos fixeron que hoxe vilaboa sexa lider en Galicia na implantación da compostaxe como método de xestión de residuos cotribuindo a frear o cambio climático.

Para isto, estrea este venres a campaña baixo o lema “Vilaboa grazas de todo corazón”.

Componse dunha serie de videos grabados co publico protagonista deste proxecto que irán saindo ao longo de todo o mes e un calendario de produtos de tempada que se enviarán a cada casa de todas as persoas do municipio.

Familias, centros de ensino,hostelería, restauración e empresas, son as protagonistas dos videos e dos bos resultados deste proxecto que deu comezo hai 4 anos e que conseguiu que hoxe se xestione o 75% da materia orgánica in situ, en vivendas e empresas evitando asi que centos de toneladas de residuos viaxen ata Sogama para ser incinerados ou vertidos e ao mesmo tempo, reducindo as emisions de gases de efecto invernadoiro. Grazas á compostaxe en Vilaboa, reducense anualmente 230 Toneladas de CO2 ao ano, isto sería como viaxar en coche á lúa 5 veces.

A campaña inclúe tamén o envío a todas as vivendas do concello de un tríptico no que coñecer todos os servizos que ofrece o plan de compostaxe de Vilaboa, así como un calendario de produtos de tempada que serve de guía para coñecer cal é a mellor época para consumir cada alimento no seu estado óptimo de maduración.

Vilaboa, co seu esforzo é o concello de Galicia que máis se achega aos obxectivos de reciclaxe marcados pola Directiva Europea de residuos e dos poucos de todo o estado”, declara María Durán, responsable da área de recursos naturais e residuos de Amigos da Terra.

Enlace á visualización dos vídeos

Enlace ao Folleto que chegará ás casas