Dentro do proxecto de Residuo Cero Lab do programa Iniciativa Xove que nos acaban de conceder buscamos xente moza para poñer en práctica experiencias piloto de vida residuo cero.

En que consiste?

Seleccionaremose entre 6 e 8 persoas menores de 30 anos que queiran durante aproximadamente un mes poñer en práctica unha vida residuo cero no seu fogar (coa familia, compañeiras de piso, parella, soas…)

Que se proporcionará?

  • Regalaremos un Kit básico Residuo Cero con materiais que poidan facilitar o cambio e axudar no voso día a día. Estamos pendentes de pechalo pero para que vos fagades unha idea (bolsas de tea para a compra, botella reutilizable, tapers para os produtos frescos e produtos de hixiene e limpeza reutilizables ou sen envases).
  • Unha mini formación básica con consellos e pautas para creación de produtos audiovisuais de certa calidade e homoxeneidade.
  • Asesoramento e acompañamento por parte de persoal da asociación especialista en Residuo Cero que tamén poderá resolver dúbidas.

Que  pedimos?

Difundir as experiencias a través de vídeos curtos e fotografías nas redes sociais contando o voso “novo día a día”, as dificultades, logros e principais retos.

Para obter tamén resultados medibles, importantes para extrapolar a experiencia, pediremos que se fagan unha sinxela caracterización de residuos nos fogares, antes e despois da experiencia, para ver se houbo cambios e resultados.

Participar nun encontro final para compartir as experiencias e onde tamén se traballará en ideas para o vindeiro ano.

 

Despois disto, aceptas o reto? 🙂 Inscríbete aquí >> *

Prazo límite inscrición: martes 7 setembro

Co apoio financieiro de

 

 

* https://forms.gle/JUZYy81g43PL2TAc8