A aposta municipal residuo cero para cumprir amplamente o obxectivo europeo de recuperar o 50% dos residuos. 

A xestión de residuos municipais é un dos ámbitos clave da política ambiental municipal, e tamén aquel onde os concellos dedican máis recursos. Por este motivo, hai que empregar todo un abanico de ferramentas, desde o investimento público ata as normativas locais, pasando pola comunicación, para alcanzar cada vez mellores resultados en prevención e en recollida selectiva.

Para saír do estancamento provocado polo actual sistema de recollida baseado en contedores abertos onde se mesturan residuos de todo tipo, débense priorizar sistemas que permitan individualizar a recollida de residuos e implantar medidas que promovan a xestión dos residuos o máis cerca posible do punto de xeración: o sistema de recollida porta a porta é neste sentido primordial e necesario para os concellos.

Sen a implantación do porta a porta non imos conseguir os niveis de recuperación fixados pola UE. O Estado español enfróntase ao desafío de reducir de forma significativa o malgasto de recursos e o impacto ambiental asociado aos residuos. Para conseguilo, imponse a necesidade de introducir, en especial nas grandes urbes, un sistema de recollida moito máis efectivo que o actual. Un sistema no que a cidadanía sexa parte activa do cambio e vexa recompensado o seu esforzo.

O cambio de sistema: necesidade ineludible

Aínda que o obxectivo de recuperación europeo para 2020 era do 50%, os datos en España movíanse o 2019 ao redor do 35%. Este flagrante incumprimento pon en evidencia que os sucesivos gobernos non estiveron polo labor e non se implementaron as políticas necesarias. Continuamos de cheo, pois, no modelo de produción e de consumo lineal, con tratamentos finalistas (vertedoiros e incineradoras) defendidos pola mesma administración.

Inmersos nunha urxencia climática sen precedentes, non podemos continuar permitíndonos un modelo ineficiente da xestión dos residuos. Menos aínda cando as alternativas existen e están funcionando con éxito.

As cifras avalan o porta a porta

O sistema de recollida de residuos porta a porta é un modelo contrastado que ofrece resultados inigualables. Xa se ha implantado e vai en aumento en máis de 200 municipios en Cataluña, uns 35 municipios nas Illas Baleares, decenas no País Vasco e en Navarra e media ducia no País Valenciano.

Os datos da súa recente introdución no barrio barcelonés de Sant Andreu volven demostralo. Nestes momentos, tras só tres meses de rodaxe, está chegando ás plantas de recuperación o 80% dos residuos xerados no barrio.

Este resultado significa dobrar o 37% que se obtiña co modelo anterior e superar amplamente o 65% do obxectivo europeo fixado para o 2035. Insistimos: con só tres meses. E outro dato para tomar nota: deste 80%, só entre un 2 e un 4% son impropios; é dicir, gáñase, e moito, en recuperación e gáñase tamén en eficiencia nos procesos de reciclaxe.

Responsabilidade urbana e solidariedade territorial

É imprescindible forzar esta aceleración de resultados, en especial nas cidades máis poboadas, como Madrid, Barcelona, València e Sevilla, e as súas áreas metropolitanas. É nas grandes áreas urbanas onde debe apostarse sen máis dilación polo sistema de recollida porta a porta, a pesar do reto que supón calquera cambio de xestión deste calado. Porque as grandes áreas urbanas son os grandes focos de produción de residuos.

Tamén se trata, pois, dunha cuestión de solidariedade territorial, xa que os residuos que se xeran e recollen nelas, acaban nas distintas plantas de tratamento finalistas esparexidas polo territorio, nunca moi preto dos grandes xeradores urbanos. Si hai un sistema que permite reducir a cantidade de residuos externalizados polas grandes cidades, por responsabilidade urbana, hai que implantalo.

As claves do éxito do sistema porta a porta

É innegable que un cambio conceptual como o que suscita o sistema de recollida de residuos porta a porta supón un desafío a administracións públicas, empresas e cidadanía. Pero non é momento para eludir responsabilidades e as experiencias anteriores indícannos as claves do éxito para aa implantación.

Por unha banda, é necesario facer un importante esforzo comunicativo para transmitir á cidadanía a ineludibilidade do cambio. Tamén para informar dos aspectos loxísticos asociados ao novo modelo, dilucidar dúbidas e superar reticencias. Hai que ter moi presente en todo momento que os cambios de hábitos chocan coa forza do costume. E non esquecer que se está impoñendo un esforzo adicional a unha cidadanía que en moitos casos xa vive en situacións de precariedade, con limitacións económicas, de espazo e de tempo. Doutra banda, o porta a porta require traballar con minuciosidade para adaptalo á realidade de cada barrio, pobo ou cidade, e facer actualizacións periódicas para axustalo cando sexa necesario. O modelo é flexible e os lugares onde xa se implantou dan exemplo de como atopar solucións a cada caso.

Recompensa ao esforzo persoal

Ante unha cidadanía cada vez máis concienciada da crise ecolóxica, é necesario facilitar ferramentas para que esta poida reducir de forma efectiva o impacto ambiental do seu día a día. O modelo de recollida selectiva actual, cos seus contedores abertos onde se mesturan residuos de todo tipo non dá resposta a esta necesidade. Ao contrario, posto que transmiten ás persoas máis concienciadas a percepción que o seu esforzo cae en saco roto.

Para reverter esta situación, é necesario acabar co anonimato dos residuos. A todos os niveis. Do mesmo xeito que defendemos a importancia de que as industrias asuman os custos ambientais dos seus residuos; igual que esiximos que se aplique o principio de responsabilidade ampliada do produtor, creemos que chegou o momento de que os residuos domésticos teñan nome e apelido. Para asumir responsabilidades e para compensar esforzos, posto que co sistema de recollida porta a porta pode premiarse ás veciñas e os veciños con descontos nas taxas de residuos. E tamén porque creemos que a eficiencia do sistema e recompensa ao esforzo persoal son boas razóns para animar a dar o paso á cidadanía que aínda se resiste a separar correctamente os seus residuos.

Ademais, o sistema porta a porta posibilita non só o retorno de incentivos, senón tamén a implantación do pago por xeración e aplicar o principio de que quen contamina paga, é dicir que, o que xera máis residuos, paga máis.

Por un sistema máis xusto e eficiente

Así pois, desde Alianza Residuo Cero animamos aos concellos de todo o estado a implantar o porta a porta, seguindo o ronsel de cidades como Barcelona e, á vez, reivindicamos que é o momento para que o Goberno aposte decididamente por unha nova política de xestión preventiva, que priorice sistemas de recollida de residuos eficaces e avalados polas cifras de recuperación. E non só para cumprir cos obxectivos europeos. Tamén por solidariedade territorial, para compensar o esforzo persoal da cidadanía comprometida e para animar á que aínda non o está, para deixar de malgastar recursos e para reducir emisións. Para ter, en definitiva, unhas vidas, uns pobos e unhas cidades máis sostibles.