Onte finalizaba a recollida de firmas para apoiar a Iniciativa Cidadá Europea (ICE) «Salvemos ás Abellas e aos Agricultores».

As organizacións consideramos que a petición de máis dun millón de firmas pode ser un éxito histórico.

Onte finalizaba a recollida de firmas para apoiar a Iniciativa Cidadá Europea (ICE) «Salvemos ás Abellas e aos Agricultores», da que formamos parte Amigos da Terra.  As organizacións impulsoras consideramos que a iniciativa pode chegar a ser un éxito histórico. Si esta ICE é validada pola Comisión europea, tanto esta como o Parlamento Europeo terán que responder ás demandas da cidadanía dunha agricultura libre de pesticidas sintéticos e respectuosa cos polinizadores.

As organizacións detrás da ICE estamos expectantes por coñecer o resultado dunha campaña de dous anos que permitiu recoller máis dun millón de firmas en toda a UE. A ICE «Salvemos ás abellas e aos agricultores» esixe:

  1. Redución do 80% do uso de praguicidas sintéticos para 2030 e do 100% para 2035 na UE;
  2. Medidas para restaurar a biodiversidade nas zonas agrícolas;
  3. Un apoio masivo á transición agrícola cara á agroecoloxía.

Unha ICE é aceptada pola Comisión Europea si alcanza máis dun millón de firmas validadas. Os organizadores consideramos que a ICE terá éxito si alcanza un mínimo de 1,15 millóns de firmas, tendo en conta as miles de firmas en papel que aínda deben contarse e incluírse no cálculo final, xa que a experiencia demostra unha taxa de invalidez do 10-15%.

Sonia Conchon, da oficina de Salvemos ás Abellas e aos Agricultores, afirma: «a situación de Covid fixo que esta campaña sexa moi difícil debido á falta de visibilidade, xa que non houbo actos públicos durante a maior parte da campaña. Polo tanto, chegar á liña de meta do millón reflicte realmente a determinación da cidadanía para esta segunda ICE contra os pesticidas».

O Dr. Helmut Burtscher-Schaden, responsable da campaña en Global2000, Amigos da Terra Austria, e representante do comité de cidadáns da ICE, dixo: «esta ICE envía unha mensaxe clara á UE, a cidadanía europea apoia o obxectivo de redución de praguicidas do Pacto Verde Europeo, pero esixen que a redución proposta do 50% sexa máis ambiciosa, xa que segundo a ciencia non evitaría o colapso da biodiversidade. O obxectivo de aquí a 15 anos debe ser unha agricultura sen pesticidas sintéticos».

Pola súa banda, Miguel Díaz, responsable de Biodiversidade en Amigos da Terra, resalta a importancia dos vínculos entre a agricultura e a perda de biodiversidade: “nun escenario de urxencia ecolóxica, como o que vivimos, é necesario cambiar o sistema de produción agrícola. Necesitamos fomentar a agroecoloxía para adaptarnos e mitigar o cambio global, e debemos usar todas as ferramentas ao noso alcance”.

Ata agora, só 6 das 108 ICE lanzadas foron validadas con éxito pola Comisión europea (<6%). As ICE aprobadas impoñen á Comisión Europea analizar e responder ás demandas dos cidadáns, mentres que o Parlamento Europeo recibirá aos 7 membros do Comité de Cidadáns nunha audiencia e terá a posibilidade de redactar e votar unha resolución baseada nas demandas dos cidadáns.