• Demostramos que o cultivo biointensivo de alimentos a pequena escala adáptase ben nas distintas zonas climáticas españolas e é beneficioso para a adaptación ao cambio climático.
  • Dende Amigos da Terra creamos e afianzamos máis de 50 hortas biointensivas en Aragón, Baleares, Galicia, e Madrid

Presentamos un informe sobre o cultivo biointensivo en España que mostra os resultados obtidos no desenvolvemento deste método agroecolóxico nas tres principais rexións climáticas de España. O estudo é froito da análise científica de 57 hortas ao longo de dous anos e medio en cinco rexións españolas.

Co apoio da Fundación Biodiversidade e do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e grazas á colaboración de mestres biointensivos experimentados e científicos expertos en solo, a organización ecoloxista capacitou e acompañado a máis de 50 horticultores na posta en marcha da súa horta biointensiva en Galicia, Aragón , Ibiza, Madrid e Mallorca. De media, en todas as hortas, obtivéronse rendementos positivos, á vez que unha mellora dos solos e unha tendencia á redución da necesidade de fertilizantes e auga.

Grazas ao método biointensivo, en cada unha das tres principais rexións climáticas españolas superouse o valor medio dos rendementos apuntados nas estatísticas oficiais de España. De media, en todos os cultivos e rexións, obtívose un 81% máis de colleita que os valores rexistrados oficialmente para a agricultura industrial convencional. Isto é un dos numerosos resultados que se puideron obter a través das mostras de solo e compost, así como cos datos obtidos nas hortas, o que se traduciu nun abanico de parámetros relativos á produción, a fertilidade, o uso de recursos e a adaptación ao cambio climático.

En Galicia as formacións dos agricultores iniciáronse en 2019 e permitiron chegar á posta en marcha do método biointensivo en 17 hortas. cultivos (35), rexistros (163), área (1334,42 m2) e produción total ( 1335,07 Kg.) onde as formacións realizáronse nas primeiras etapas do proxecto o que permitiu unha implantación máis rápida do método na súa rexión e permitiu en moitos casos rexistrar colleitas de catro ciclos de cultivo.

En canto ao índice de rendemento (IR) Biointensivo observamos un 58% de rexistros de colleita con rendementos maiores dos esperados. O IR medio para Galicia con respecto ao nivel básico do método biointensivo é de 1,41, o que significa un rendemento medio 41% maior que o esperado para a agricultura convencional. Os cultivos con peores IR son o allo, porro e cogombro e no lado oposto atopamos os mellores no caso do centeo, millo, feixón verde, e garavanzo.

A diversidade de cultivos nas hortas biointensivas de Galicia é moi alta, e os cultivos que ocuparon unha maior área nas hortas biointensivas de Galicia son a faba e o centeo no ciclo de inverno; e o millo, o tomate e a pataca no ciclo de verán.

As características climáticas de Galicia permiten a produción de alimentos durante todo o ano e favorece unha maior diversidade de cultivos.

No Estado Español os solos atópanse en situación de vulnerabilidade debido á erosión, a desertificación e a perda de materia orgánica. Adóitase considerar que os solos de cultivo deberían conter polo menos un 2% de materia orgánica, mentres que a media nacional apenas chega ao 1%, con graves consecuencias en forma de degradación das súas características físicas e de fertilidade. Estes problemas vense agravados polo cambio climático e prácticas agrícolas prexudiciais para o solo, como o monocultivo, o labor intensivo e o uso abusivo de fertilizantes químicos.

A agricultura biointensiva demostrou o seu impacto positivo sobre indicadores tales como o consumo de auga, uso de fertilizantes, rendementos por unidade de terreo, fertilidade. Xunto coa preparación en profundidade do terreo, a achega de emendas ecolóxicas adaptadas ás carencias de cada horto, a selección coidadosa dos cultivos e as súas rotacións e asociacións, a agroecoloxía biointensiva permite recuperar estrutura e contido en nutrientes dos solos. Por este motivo é un aliado clave na loita contra a desertificación e o esgotamento de recursos, incluído o solo, así como unha ferramenta fronte ao cambio climático.

O aumento de materia orgánica en xeral en todas as hortas é un indicador
importante de adaptación e resiliencia. Os resultados do estudo mostran como a materia orgánica viuse incrementada en todas as rexións analizadas, cun aumento medio do 18% sobre o valor inicial. Esta rexeneración dos solos convérteos en sumidoiro de carbono moi efectivos fronte á crise climática, cun secuestro ao longo do proxecto de carbono de 3,23 toneladas nos case 2000 m2 de terra traballados, o que contrasta coas prácticas convencionais que orixinan a súa perda.

En canto á redución do consumo de auga o seu uso foi inferior a datos teóricos nun 22%. Sobre os 8 cultivos estudados, 7 reduciron o seu consumo de auga, o maior o do tomate en Galicia cun 71% de redución, seguido polo centeo en Madrid e a leituga en Mallorca con 45% e 42% respectivamente. Estímase que a práctica do método biointensivo a longo de varios anos podería alcanzar porcentaxes moito máis elevadas, chegando a un 70% de media.

Se algo caracteriza ao método biointensivo de cultivo de alimentos a pequena escala é a capacidade de producir alimentos suficientes para unha dieta equilibrada nun espazo mínimo e sen practicamente utilizar recursos externos ao área de cultivo. A produción de abono na propia horta é clave para alcanzar a sostibilidade próxima ao 100% das hortas biointensivas unha vez asentadas.

“Nun contexto de crise climática e de recursos, o método biointensivo é un dos nosos grandes aliados para paliar a desertificación dos solos en España. Non podemos esquecer que as prácticas agrícolas convencionais esgotan o solo de 9 a 80 veces máis rápido que o que tarda a natureza en reconstruílo, mentres que o cultivo biointensivo mellora a saúde do solo, dotándoo dunha boa estrutura, de capacidade de almacenar auga e como sumidoiro de carbono, ademais de reducir drasticamente a necesidade de insumos externas como auga, fertilizantes ou sementes”, sinala Andrés Muñoz, responsable de soberanía alimentaria de Amigos da Terra.

 

Notas:

Informe Cultivo biointensivo en España

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade