Despois dun ano de traballiño e de autodiagnose xa podemos dicir que temos Plan de Igualdade!!! Un pasiño máis que nos permite avanzar noso compromiso ca xustiza de xénero, piar básico para acadar a xustiza social e medio ambiental.

Somos conscientes de que o cambio de sistema é clave para a transformación das nosas sociedades, polo que a práctica e análise ecofeminista debe tamén mirar ao interno das nosas institucións e das nosas organizacións.

Non nos cansaremos de explicar que a xustiza de xénero e o desmantelamento do patriarcado son indispensables para lograr sociedades máis xustas que poñan fin á devastación ambiental á que nos aboca o sistema económico imperante baseado na explotación das máis vulnerables e os seus ecosistemas.

Tamén somos conscientes de que agora queda o máis difícil, a implementación no noso día a día deste plan pero sobre todo ir máis aló das medidas máis burocráticas, e seguir avanzando cara unha cultura organizacional non patriarcal.

Aquí o deixamos Plan Igualdade 2021-2025 (60 downloads)   para a súa consulta.