As alternativas que defenden a vida e a natureza impóñense cada día como a única resposta posible capaz de transformarnos cara a un modelo baseado na sostibilidade, o vínculo coa terra e o apoio mutuo.

Desde Amigos da Terra defendemos e apoiamos as alternativas que moitas persoas e comunidades estamos desenvolvendo en diferentes territorios como estratexias para transformar o presente e construír un futuro en que si sexa posible vivir con dignidade e respecto a vida.

 

Agroecoloxía como movemento cara á Soberanía alimentaria


A agroecoloxía que apoiamos e impulsamos desde Amigos da Terra vai moito máis alá dunha produción respectuosa co planeta. Trátase dun movemento social que camiña cara á soberanía alimentaria para retar a ameaza que a produción industrializada de alimentos supón para os nosos pobos, a nosa natureza e nosa saúde.

Apoiamos ás comunidades e familias que queren producir sostible, ás que queren alimentarse dunha forma respectuosa e ás que enfrontan as consecuencias da agricultura industrial.


A gandería extensiva que mantén vivo o mundo rural


Durante os últimos anos gandeiros e gandeiras de todo o territorio están enfrontándose á gandería industrial defendendo un modelo de produción extensivo que fortalece o noso mundo rural, a nosa biodiversidade e alimenta ás persoas dunha forma sa.

Amigos da Terra investigamos, denunciamos e traballamos en estreita colaboración con plataformas, persoas gandeiras e outras organizacións para poñer freo á gandería industrial e apoiar as alternativas sostibles de gandería extensiva, familiar ou ligada ao territorio.


Comunidades enerxéticas para transformarnos como sociedade


A revolución enerxética xa está aquí. Moitas comunidades no Estado español están enfrontándose ao oligopolio enerxético e creando vínculos fortes entre persoas que queren transformar o noso sistema enerxético sen poñer en perigo os límites naturais do noso planeta nin a seguridade de subministración.

As comunidades enerxéticas permiten que os seus membros recuperen o control da enerxía que usan, reducindo o seu impacto medioambiental, loitando contra a pobreza enerxética, diminuíndo o seu consumo e a súa factura da luz e, sobre todo, creando lazos fortes entre comunidades facéndoas máis resilientes.

 

Vivindo libres de plásticos e outros residuos


Vivir sen plásticos é cada día o reto de máis persoas. Non se trata só de desfacerse deste material derivado do petróleo e tan daniño para a saúde e o medioambiente. Decidir unha vida con menos residuos acaba por converterse nun apoio a pequenos e medianos comerciantes e produtores de alimentos, nunha redución do noso consumo, nunha diminución do uso de materiais e de enerxía… Vivir case sen residuos invítanos a repensar que tipos de produción son necesarios.

Co noso #RetoResiduoCero acompañamos a moitas persoas que queren transformar a súa vida cara a modelos sen residuos.  Pero ademais das decisións individuais fronte ao uso de plástico sabemos que é importante que haxa cambios lexislativos e este ano foi crucial na demanda dunha Lei de Residuos ambiciosa.

 

Xestionando os nosos residuos e alimentando a terra

Xeramos moitos residuos. Ás veces é inevitable, como os residuos que xeramos ao pelar unha pataca ou ao desbotar unha froita podrecida. Pero hai alternativas que nos permiten converter eses residuos en alimentos para a terra.


Facendo novo o vello


É evidente que reciclar non é a solución e nunca substituirá á primeira opción que é Reducir. Aínda así, ás veces, hai que consumir, pero reparar e reutilizar o que se consome é a opción que cada vez elixe máis xente. Vémolo nas tendas e mercados de segunda man, nos café-repair, nas opcións de compra. Amigos da Terra o promovemos con Alargascencia e apoiámolo pedindo cambios políticos.

 

Esixindo Xustiza Climática


A crise climática é unha das principais preocupacións da sociedade, sobre todo, entre as persoas máis novas. A mobilización social, a demanda de acción climática e a transformación de hábitos de consumo como o transporte, a alimentación e a enerxía son tamén claves para poñer freo á urxencia climática.

Desde Amigos da Terra mobilizámonos en todos os territorios nos que estamos presentes para esixir responsabilidade política e asegurar todas as persoas temos a noso alcance ferramentas que nos permitan vivir máis sostiblemente.

 

O noso PLANETA é único

O noso Planeta é único e merecemos gozalo dentro dos seus límites e co respecto a todos os seres que o habitamos. En todos os recunchos do mundo hai comunidades e persoas impulsando alternativas sostibles e este álbum é unha mostra diso.

 

Amigos da Terra comprometémonos a Mobilizar, Resistir e Transformar ata que teñamos un sistema que defenda a vida.