O edificio e as instalacións da universidade laboral son un exemplo de integración paisaxística e de respecto polo ecosistema que o acolle. Destacar que os arquitectos (Julio Cano Lasso, Jose Manuel Sanz e Antonio Ortiz) que deseñaron o proxecto da Universidade Laboral nos anos 70, crearon este edificio e instalacións dentro do bosque e a paisaxe da contorna, feito destacado por outros urbanistas do estado español e con referencias en varias publicacións especializadas e constiue un patrimonio a conservar.

Diante das recentes cortas de árbores que se están a producir de maneira indiscriminada dentro do recinto da Universidade Laboral na cidade de Ourense, queremos manifestar a nosa preocupación pola xestión do arborado desta cidade na súa trama urbana e neste novo caso de arboricidio.
Estanse a talar polo pé todas as arbores que están pola zona, non unicamente as que poderán estar secas, as danadas polos temporais ou que tiveran risco de caer, senón que tamén estanse a talar as que están en perfectas condicións e que non teñen que ser taladas.

Dende Amigos da Terra, Amigas das árbores e SGHN vimos de presentar escrito de denuncia ante o concello de Ourense o pasado venres día 14 no que solicitamos a inmediata paralización da corta das arbores, se realicen unha investigación dos feitos e impoñan as correspondentes sancións aos infractores e a obriga da reposición medio ambiental e paisaxística da zona ao seu estado orixinario, coa conseguinte restauración da zona con árbores de similar porte cos que foran cortados innecesariamente.

Na data de hoxe, recibimos comunicacion  do concello de Ourense no que ordean a inmediata paralizacion inmediata dos traballos de apeo das árbores ( que quedan) pero ainda así teremos que seguir atentos e vixiantes.