Este 8 de marzo é un día para celebrar e para reivindicar; para celebrar que o movemento feminista é imparable e que, malia todos os obstáculos e das restricións do ano pasado, o feminismo impregnou cada recuncho e xa forma parte da sociedade de xeito intrínseca. Con esta visión, desde Amigas da Terra sumámonos ás mobilizacións do 8M, para celebrar a forza dos movementos que loitan polos dereitos para todas e para seguir reivindicando accións contundentes e transversais en todas as políticas.

Podes ver aquí todas as mobilizacións Únete!

 

O sistema actual é incapaz de dar resposta ás necesidades da sociedade, e é inútil á hora de facer fronte ás crise ecolóxica e climática, os problemas máis graves aos que nos enfrontamos, e que o propio sistema ocasionou. O beneficio a curto prazo é totalmente incompatible coa vida. Un modelo que se sustenta na opresión das persoas, do mesmo xeito que se sustenta na explotación do medio ambiente e os recursos naturais, está abocado a fracasar.

Desde hai anos denunciamos as estruturas de opresión do sistema económico que nos afecta principalmente ás mulleres e aos colectivos máis vulnerabilizados. Desde a invisibilización dos coidados ás persoas maiores, persoas con diversidade funcional, ou nenos e nenas, ata a explotación laboral e os traballos precarios que sufrimos nós principalmente. Esta opresión dáse dunha forma parecida coa natureza, á cal se explota invisibilizando as consecuencias que ocasiona e hipotecando a vida da xente e do planeta no seu conxunto.

 

En Amigos da Terra traballamos para avanzar cara a unhas políticas coas persoas e a Terra no centro, unhas políticas que velen polo interese xeral. Para este fin é necesario cambiar as estruturas de poder. Non nos cansamos de dicir que sen xustiza de xénero non haberá xustiza social nin ambiental.

Esta xustiza social e ambiental non será posible ata que se desmantele o sistema de explotación baseado no patriarcado, a división de clase, o modelo económico e o racismo entre outras, opresións sistémicas que se reforzan mutuamente a través da explotación dos corpos, do traballo, dos territorios e da natureza. Un sistema que despreza a protección da vida e que ignora os principios fundamentais da ecodependencia e a interdependencia non é viable.

Como federación de base que traballa pola xustiza ambiental e social entendemos que o cambio de sistema é clave para a transformación das nosas sociedades. Así, consideramos que a xustiza de xénero e o desmantelamento do patriarcado son indispensables para lograr sociedades máis xustas que poñan fin á devastación ambiental á que nos leva o sistema económico baseado na explotación das poboacións máis vulnerables e os seus ecosistemas.

Este 8 M tampouco nos van a calar! Vémonos nas rúas porque sen xustiza de xénero non haberá xustiza social nin ambiental. Dereitos para todas, todos os días.