• No Día Internacional de Acción por los Ríos, Ecoloxistas en Acción xunto con Amigos da Terra, Enxeñería sen Fronteiras, Plataforma vecinal Mina Touro O Pino Non, Fundación Montescola, Vida e Ría ou Minaría?, Beseño Mina Non,BerXallas, Plataforma SOS Suído, Conrado Mina Non, Plataforma en defensa da ría de Arousa e veciñas e veciños afectados pola canteira “As Viñas” denuncian o lamentable estado moitos ríos galegos polos impacto gravísimo da minaría.
  • As organizacións ecoloxistas denuncian que Augas de Galicia e a Dirección xeral de Recursos Naturais, a pesar de ser coñecedores desta situación, manteñen unha total inacción fronte a contaminación causada polas explotacións mineiras.

No Día Internacional de Acción por los Ríos, as organizacións sinaladas denuncian o grave impacto ambiental que sofren as masas de auga afectadas por explotacións mineiras. O Rego do Lourido, o Río Seixo de Landoi, o Rego da Braña Ancha, o Río Brandelos, o Río Portapego, o Río Lañas, o Río Pucheiras, o Río do Burgo, o Río Xuvia, o Río Pesqueira son algúns dos ríos ameazados por explotacións extractivistas como minas de Landoi, no Vicedo, a mina de Varilongo, en Santa Comba, a mina de Viñas nas Somozas, a mina de Touro ou a mina de San Finx.

Denuncian tamén que a administración galega agocha o estado real destas masas de auga coa localización das Estacións do Programa de Control Operativo, xa que moitas delas están colocadas a moita distancia do foco de contaminación. Ademais, a ausencia total de inspeccións e sancións, non permiten realizar un control axeitado da contaminación procedente de explotacións mineiras, como acontece nos ámbitos de afectación da Mina de Touro, a de Varilongo ou a de San Finx.

As organizacións ecoloxistas e veciñais sinalan as deficiencias graves tanto na normativa aplicada como no programa de medidas para mellorar as condicións de explotación e ó mantemento dos aproveitamentos mineiros. A isto súmanse os constantes atrancos que pon a administración galega para a participación das organizacións ecoloxistas e veciñais nas medidas de protección que poderían axudar á conservación das masas de auga no noso país.

Reclaman un xiro de 180º nas políticas ambientais da Xunta para facer fronte esta enorme ameaza ambiental para ríos, regatos e mesmo ás rías que conforman o litoral galego. Unhas masas de auga que día tras día sofren continuos episodios de drenaxe ácida de mina e filtración de lixiviados das explotacións mineiras.