Por segundo ano consecutivo levamos a cabo este programa de voluntariado ambiental no que participarán a Universidade de Vigo (UVigo) e Santiago de Compostela (USC). Consistirá na creación dunha comunidade universitaria consciente da problemática da xeración excesiva de residuos, especialmente os plásticos, e que durará ata que finalice o actual curso 21/22.
Actividades do programa:
- Creación dun grupo intercampus de persoas voluntarias interesadas na temática residuo cero.
- Formación sobre residuo cero e outras temáticas relacionadas como a economía circular.
- Realización de encontros virtuais con persoas que xa iniciaron este camiño para que nos compartan a súa experiencia zero waste.
- Talleres presenciais sobre diferentes temáticas residuo cero (hixiene íntima, xestión da materia orgánica, visibilización de boas prácticas ou cafés repair)
- Difusión do proxecto por redes sociais ca colaboración das persoas voluntarias
Queres unirte? Enche este formulario>> [1] e xa nos poñeremos en contacto contigo ou contáctanos a travé do correo voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou do teléfono 611 063 186 (chamadas ou whatsApp)
[1] https://forms.gle/cz2bW8Rxt5nwDyHu5
Proxecto con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Consellería de Política Social de Xunta de Galicia