Con este proxecto, impulsado por Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, queremos dar a coñecer os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, e as loitas das mulleres defensoras da terra por acadar outro xeito de producir.

Para conseguilo, o proxecto artéllase ao redor de dúas liñas de acción:

1. Crear pontes entre organizacións e movementos da sociedade civil de Honduras e Galicia para a protección da vida e/ou que impulsan alternativas sustentables, con especial protagonismo das mulleres

2. Difundir o enfoque de cidadanía global das resistencias ao extractivismo e das alternativas sustentables de aseguramento da vida. Queremos que se compartan experiencias, pero tamén ser conscientes de que non é o mesmo a loita en países como Honduras que en Galicia.

O proxecto xira en torno á visita de 5 mulleres bravas hondureñas a Galicia. Tres delas (Coralia, Adolfina e Yeni) virán a finais de marzo-principios de abril. As outras dúas (Francisca e Leny) en maio.

Nesta web>>  pretendemos axudar a contar as súas historias, facilitar os encontros con elas e compartir os materiais que se vaian xerando.