1. Quen pode participar?
Calquera persoa maior de idade, excepto os membros do xurado, residente en Galicia.

2. Temática:

Pódense presentar receitas veganas correspondentes a un prato principal (non sendo válidas nen sobremesas nen repostería), que teñan un pouco de elaboración, valorándose que sexan realizadas con produtos de tempada e de proximidade. Tamén se valorará a orixinalidade de presentación das receitas.

3. Que fai falta presentar?
Unha receita coa descrición da elaboración acompañada dunha foto e/ou vídeo…
Cada receita debe enviarse por correo electrónico ao mail: info@amigosdaterra.net ,
Asunto do correo: “Concurso de receitas veganas” xunto coa seguinte información:

a) Nome e apelidos
b) localidade de residencia
c) correo electrónico
d) teléfono

4.Número de Receitas e Prazo de presentación:
Quen se presente ao concurso enviará un máximo de dúas receitas antes do luns 25 de abril de 2022.

5. Premio
Entregarase un único premio consistente nunha cesta de produtos ecolóxicos valorada en 100€

6. Selección das obras e xurado
O xurado estará integrado por socias e activistas de Amigos da Terra e por persoas con experiencia de cociña vegana.

A notificación do resultado do concurso realizaráse a través das propia páxinas e redes sociais de AmIgos da Terra nun máximo de 20 días trala data de finalización do concurso. Ademais, Amigos da Terra pondrase en contacto directo coa persoa ganadora a través do mail ou teléfono proporcionado por elas mesma.

7. Dereitos
Ao participar no concurso, otorgase a Amigos da Terra o dereito de difundir as receitas nos seus materiais, páxina web e redes sociais.

A receita ganadora xunto cunha selección das mellores presentadas publicaranse nas redes sociais de Amigos da Terra ao finalizar o concurso, facendo mención a súa autoría.

8. Compromisos
Ao participar no concurso, cada participante acepta todas as condicións anteriores e comprométese a seguilas.