Aproveitando outra visita de 2 mulleres activistas hondureñas do proxecto Mulleres Bravas celebraremos un encontro de activistas para a defensa da terra
Estas xornadas están destinadas a persoas que participen en colectivos de defensa da terra e queiran reflexionar sobre como afecta o xénero neste tipo de activismo.
- Cando? 7 e 8 de maio
- Onde? Centro etnográfico do Mandeo, Teixeiro-Curtis https://goo.gl/maps/T1umdtvnACmZE4KQ9
- Que inclúe?
- Manutención a cargo da organización (xantar e cea do sábado, almorzo do domingo)
- Albergue gratuíto ata esgotar prazas
- Servizo de gardería
- Programa
- Sábado 7 maio
11:00 Recepción asistentes
11:30 Presentación
11:45 De que falamos cando falamos de ecofeminismo?
12:30 As mulleres tampouco son territorio de conquista
14:00 Xantar
16:30 Señoros, machismos e outros obstáculos no activismo
19:30 Espazo informal
21:00 Cea
-
- Domingo 8 maio
10:00 O activismo será feminista ou non será
12:15 Conclusións
13:00 Peche
As prazas son limitadas polo que é imprescindible a inscrición previa no seguinte formulario>>