Presentamos o informe «Barreiras da Sociedade civil na defensa ambiental no Estado español», a través do cal quixemos visibilizar todas aquelas barreiras, persecucións, ataques, que a diario enfrontan persoas e organizacións que defenden o medio ambiente no noso país. Partindo de que o exercicio do dereito á defensa do medio ambiente é en si mesmo un dereito humano calquera barreira, obstáculo ou vulneración que vaia dirixida a impedir o exercicio deste dereito constitúe unha vulneración dos dereitos humanos.

O uso desmedido de recursos naturais aumentou o espolio de territorios con abundancia de recursos naturais e do mundo rural; debido a isto houbo un aumento dos conflitos no territorio en torno ás actividades dalgunhas empresas que causan importantes impactos no medio ambiente e activistas e organizacións que defenden o medio ambiente e a biodiversidade . Estes conflitos non só ameazan os recursos naturais si non que tamén supoñen en ocasións violacións dos dereitos humanos, como son o dereito ao auga, o dereito a un medio ambiente san, o dereito ao territorio, á alimentación ou o dereito á saúde entre outros.

O medio ambiente está ameazado por un modelo económico que incorpora os recursos naturais á cadea de produción como meros insumos económicos, desposuíndoos do seu significado e vinculación con dereitos e elementos esenciais para a sostibilidade e garantía da biodiversidade. A medida que se fixo máis necesario o uso intensivo destes recursos, aumentou tamén o espolio de territorios con abundancia de recursos naturais e do mundo rural.

A través deste informe poñemos de relevo que non se trata de casos illados, nin puntuais, senón que se trata dun patrón sistemático, reiterado e sostido no tempo que vai dirixido a socavar as bases do movemento de defensa ambiental e impedir o exercicio do dereito a defender o medio ambiente e outros moitos dereitos humanos.

Paralelamente xurdiron cada vez máis movementos de defensa, a nivel individual e colectivo, plataformas, e organizacións, que defenden os seus territorios, o dereito a un medio ambiente san, os recursos hídricos, e o dereito a unha vida digna onde o medio natural e a biodiversidade desempeñan un papel fundamental.

Sinalar aos responsables da crise ecolóxica é unha prioridade para Amigos da Terra, por iso loitamos por avanzar cara á Xustiza Económica denunciando as malas prácticas das empresas e promovendo garantías para os dereitos das persoas.