Dende Amigos da Terra organizamos diversas actividades de educación e sensibilización ambiental para coñecer como a Política Agraria Común pode contribuír a transición ecolóxica, e como dende do ámbito individual e colectivo podemos aplicar a estratexia da “granxa a mesa” nos nosos hábitos de consumo sendo máis activos para conseguir un mellor sistema de alimentación e agrícola.

Amigos da Terra fomenta a agricultura ecolóxica como modelo de produción alternativo á agricultura industrial. Loitamos por unha agricultura e alimentación ecolóxica e local que cubra as necesidades das persoas produtoras e consumidoras. As hortas agroecolóxicas son unha ferramenta para avanzar pola soberanía alimentaria local e producir alimentos sans e frescos libres de pesticidas.

Durante este mes levaremos a cabo diversas actividades, como este concurso fotográfico co cal pretendemos buscar e visibilizar a diversidade das  hortas que hai en Galicia. Se vives en Galicia e tes ou coñeces unha horta, súmate a participar neste concurso.

 

  • Concurso fotográfico “Que bonita que é a miña horta!”
  • Do 1 de xuño ata o 20 de xuño de 2022
  • Consulta as bases do concurso aqui >>>    
  • Como premio entregarase unha cesta de produtos ecolóxicos valorada en 100€

Animate e envíanos as túas fotos!