Desde Amigos da Terra volvemos organizar seis cursos de mestría en compostaxe a través dos cales se crearán postos de emprego en diferentes municipios de Galicia e a Comunidad de Madrid, no marco do proxecto Mestría en Compostaxe financiada pola convocatoria Emprega Verde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Infórmate e non deixes pasar esta oportunidade!

Realizaranse 3 cursos en Galicia e 3 na comunidade de Madrid. Son cursos son gratuítos e son para persoas desempregadas, e sobre todo en persoas en situación especial de vulnerabilidade, tales como mulleres, persoas entre 35 e 45 anos, residentes en zonas rurais e/ou áreas protexidas, persoas inmigrantes, persoas con diversidade funcional, etc.

Os cursos serán de 48 horas online e 16horas prácticas , onde se abordará o ciclo completo de xestión da fracción orgánica dos residuos.

Apúntate aquí