Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción presentan o informeGNL: ao caos climático pola vía líquida’, no que se detallan 10 razóns polas que este combustible fósil non é unha opción real para a transición enerxética.

O veleiro Deusa Maat navega até a regasificadora de Sagunto, unha planta que incrementou case un 50 % as súas importacións de GNL desde o inicio da guerra en Ucraína.

O Gas Natural Licuado, GNL, a versión líquida do gas fósil, é en gran parte o causante do incremento do custo do gas desde o outono de 2021. Este combustible fósil, transportable por mar e terra para aqueles traxectos para os que non existen gasodutos, está no punto de mira sobre todo tras a invasión de Ucraína por parte das tropas rusas. Europa está a explorar como acabar coa dependencia europea dos combustibles fósiles de Rusia. Unha das apostas é incrementar as importacións de GNL en lugar de enfocarse de forma decidida na redución do consumo de gas, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

Informe europeo adaptado ao contexto do estado español “GNL: ao caos climático pola vía líquida

O informe GNL: ac caos climático pola vía líquida, de Food and Water Watch e Amigas da Terra Europa, traduciuse e adaptouse ao contexto estatal por Amigos de la Tierra e Ecologistas en Acción. Esta publicación pretende dar a voz de alarma sobre o despregue deste gas en Europa como un intento de abordar o asunto da seguridade enerxética. Nel exponse dez argumentos crave que pon de manifesto a gran cantidade de problemas que leva o GNL.

No Estado español as importacións de GNL supuxeron un 77 % do total en maio de 2022, mentres que nese mesmo mes do 2021 supuñan menos do 50 %. Queda tamén de manifesto que as empresas enerxéticas que operan en España seguen importando GNL de procedencia rusa, pero o principal provedor é EE UU.

O GNL de procedencia estadounidense é, na súa maior parte, producido mediante fractura hidráulica ou fracking. Esta técnica está prohibida en moitos países, entre eles o Estado español, polos seus grandes impactos tanto ambientais como sociais nas comunidades e territorios próximos ás explotacións.

“Apostar por solucións baseadas en combustibles fósiles e que promovan ademais prácticas como o fracking atenta contra a xustiza climática en xeral e os dereitos humanos en particular”, declarou Cristina Alonso, responsable da área de Xustiza Climática de Amigos de la Tierra. “Os responsables políticos seguen facendo caso omiso á súa responsabilidade histórica na crise climática, en lugar diso, antepoñen os beneficios financeiros de grandes empresas”, concluíu a portavoz.

Pola súa banda, Marina Gros, responsable da campaña ‘A verdade do gas’ de Ecoloxistas en Acción, manifestou: “É alarmante que as importacións de GNL non fagan máis que aumentar en lugar de activarse políticas de emerxencia para fomentar a redución do consumo e sacar da dependencia ao gas á poboación máis vulnerable”. Gros concluíu: “O GNL é un combustible fósil caro e perigoso, que ademais alimenta as desigualdades Norte-Sur, afecta á saúde das persoas e impacta no clima”.

O veleiro Deusa Maat navegará ata a regasificadora de Sagunto

Para acompañar a publicación do informe, o veleiro Deusa Maat parte desde Valencia na súa campaña estival ‘Marea contra o gas’, que pretende visibilizar a sobredimensión das infraestruturas gasísticas no Estado español e a necesidade de reducir rapidamente a dependencia do gas natural no territorio.

Esta mañá, a tripulación puxo rumbo á regasificadora de Sagunto, unha do seis plantas de regasificación activas en España. Propiedade da empresa Saggas, desde o comezo da guerra recibiu un 50 % máis de descargas que no mesmo período de 2021.

O veleiro Deusa Maat visitará tamén a central térmica de ciclo de Naturgy con 1.200 MW de potencia. Unha mostra das sobredimensionadas infraestruturas gasistas do Estado español, froito do legado da burbulla especulativa da primeira década dos 2000.

Conulta o informe aquí >>>>