Amigos da Terra Europa analiza os plans estratéxicos de agricultura en sete países

Os países da UE están a utilizar o conflito en Ucraína para acelerar unha Política Agraria Común de mínimos

Mentres que varios ministros de agricultura europeos están a utilizar a guerra en Ucraína como pretexto para impulsar unha aprobación apresurada dos seus Plans Estratéxicos da Política Agrícola Común (PAC), un novo informe de Amigos da Terra Europa mostra que os plans estatais están moi lonxe dos compromisos ambientais asumidos pola UE.

Unha análise dos Plans Estratéxicos da PAC en sete países (Austria, República Checa, Dinamarca, Malta, Polonia, España e Suecia) revela que ningún dos documentos contribuirá de forma significativa a cumprir os obxectivos do «Pacto Verde Europeo» e das estratexias «da Granxa á Mesa» e de Biodiversidade europeas.

Algunha das medidas que máis se botan en falta, son as de redución de praguicidas e fertilizantes, pero sobre todo as encamiñadas ao apoio de pequenos agricultores e agricultoras e unhas condicións laborais xustas. O informe denuncia que apenas se mencionan nos plans avaliados e que, aínda que ás veces se propoñen algún medidas, disponse de moi pouco información para demostrar a súa eficacia.

Nos países analizados, os únicos obxectivos que probablemente se cumprirán, e non do todo, son os da agricultura ecolóxica en Austria, a redución das perdas de nutrientes en Polonia e o aumento das características paisaxísticas de alta biodiversidade en Malta. Pero mesmo estes reflicten máis as tendencias xa existentes de cada contexto estatal que as contribucións que poderían atribuírse á PAC.

Durante 60 anos, a PAC repartiu subvencións en función do tamaño do terreo, sen ter en conta o medio ambiente, as condicións de traballo ou a calidade dos alimentos. Os Estados membros teñen a oportunidade de mellorar os seus plans estratéxicos e utilizar o orzamento da PAC para apoiar por fin unha transición cara a unha agricultura con prácticas máis sustentables. Pola contra, os obxectivos das estratexias da UE «Da Granxa á Mesa» e Biodiversidade seguirán sendo promesas baleiras.

Xa en abril, a Comisión enviou as súas observacións aos plans estales presentados a tempo, e é agora cando os Estados membros teñen que revisalos e adecualos para despois ser aprobados pola CE. España prevé mandar unha segunda versión a metade de xullo, segundo declara o Ministerio de Agricultura. A previsión é que o Goberno español manteña unha baixa ambición ambiental na PAC coa coartada da guerra en Ucraína e a necesidade de abastecer á gandería industrial, enormemente dependente de pensos producidos no exterior.

Instamos á Comisión Europea a responsabilizar aos Estados membros para que propoñan intervencións máis ambiciosas que respondan á urxencia da crise climática, o medio ambiente e as persoas que viven do campo na Unión Europea.

(1) https://www.mapa.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/el-secretario-general-de-agricultura-y-alimentaci%C3%B3n-expone-a-las-comunidades-aut%C3%B3nomas-y-al-sector-agrario-los-%C3%BAltimos-ajustes-en-el-plan-estrat/tcm:30-622822

Informe «Plans Estratéxicos da PAC: Hai de verdade un Pacto Verde?»