O río Barxa ao seu paso pola cidade de Vigo está a sufrir un novo vertido de cascallos e restos de obras que están a afectar ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.

 

Amigos da Terra ven de denunciar os vertidos de cascallos e restos de obras no río Barxa na cidade de Vigo ao carón do Hospital Álvaro Cunqueiro, localizados na senda peonil que vai rodeando o Hospital Álvaro Cunqueiro e nas proximidades do aparcodorio de dito hospital.

Estes vertidos véñense producindo de xeito continuado nas semanas pasadas e sendo ainda visibles na zona as rodaduras da camioneta ou tractor que fixo os vertidos.

A orixe de ditos vertidos foi denunciada ante Augas de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Vigo para que realicen as inspeccións correspondentes por parte da administración.

Tamen solicitamos información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a esta situación que afecta ao ecosistema e a calidade do río Barxa, e demandamos que se impoñan as correspondentes sancións aos infractores e a obriga de repór o medioambiente ao seu estado orixinario.