Con esta formación a organización ambientalista e o Concello de Carballo apostan pola creación de emprego para as persoas máis vulnerables con dificultades para acceder ao mercado laboral .

Dá comezo, o vindeiro luns 3 de outubro, na localidade de Carballo o terceiro curso de Mestría en compostaxe, cofinanciados polo Fondo Social Europeo a través do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Este programa busca achegar aptitudes e coñecementos a poboación en situación de desemprego e dar resposta á problemática ambiental de residuos.

A titulación en Mestría en compostaxe, que empeza a ser xa recoñecida no sector ambiental de todo o estado, supón por unha banda unha alternativa real de emprego para persoas en situación de especial vulnerabilidade, tales como mulleres, persoas entre 35 e 45 anos, residentes en zonas rurais e/o áreas protexidas, persoas migrantes, persoas con diversidade funcional, entre outros colectivos. E por outro ofrecer solucións á problemática ambiental na xestión de residuos, cumprindo coa obrigatoriedade de recoller de maneira separada a fracción orgánica dos residuos municipais e xestionala preferentemente mediante compostaxe.

Con este proxecto estamos a apostar pola creación dun tipo de emprego que favorece unha transición ecolóxica á vez que achega respostas aos colectivos máis vulnerabilizados da sociedade, persoas con dificultade para acceder ao mercado laboral. Este é o enfoque ecosocial que se debe priorizar nas políticas municipais.

Dende a organización Amigos da Terra, levamos anos promovendo a compostaxe como unha das ferramentas máis importantes para camiñar cara ao residuo cero, reducir  a cantidade de residuos orgánicos e contribuír á loita contra a emerxencia climática. Agora coa recentemente aprobada Lei de Residuos e solos contaminados para unha Economía Circular, que obriga a todos os municipios a recoller a súa materia orgánica separada e a tratala priorizando a compostaxe, contamos co contexto perfecto para poñer en marcha esta formación.

Por este motivo o emprego neste sector incrementarase de maneira exponencial nos próximos anos debido, por unha banda, á obrigación de cumprir coa normativa en materia de residuos e, por outro, a que é unha área na que está case todo por facer. Con este proxecto búscase dar resposta a esta problemática ambiental e asegurar que a xestión de residuos se de en condicións adecuadas. No contexto actual de crise ecolóxica e social, no que é crucial avanzar cara a unha transición ecolóxica en todos os sectores, a compostaxe eríxese como un aliado perfecto.

O programa do cursoconstará dunha parte teórica Online e unha parte práctica presencial os días 13 e 14 de Outubro nas instalacións municipais do Concello de Carballo e nas inmediacións comarcais do mesmo.

Este proyecto ha sido aprobado por la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en el marco del Programa Empleaverde, iniciativa para el impulso y la mejora del empleo, el emprendimiento y el medio ambiente. Se trata de acciones gratuitas cofinanciadas por el Fondo Social Europeo (FSE) para conseguir formación y un empleo de calidad.

“Acción gratuita cofinanciada por el FSE”. “Conseguir formación y un empleo de calidad”.