Con motivo do Salón Internacional da Minería en Sevilla que se celebrará do 18 ao 20 de outubro, desde a sociedade civil programamos un Contrasalón para mostrar o noso rexeitamento a este modelo nefasto de extracción con graves impactos sociais e ambientais.

Impulsar de novo a minería supón apoiar a devastación ecolóxica, omitir o dereito dos pobos para decidir sobre os seus propios territorios e manter a extracción e o uso desmedido de recursos naturais; un atentado contra os ecosistemas e un acelerador da crise climática.

Este evento carece de toda lóxica cando o camiño para seguir a nivel global e local pasa por protexer os nosos territorios e a súa poboación. É indispensable reformularnos o noso modelo de produción e de consumo, e avanzar cara á redución, a reutilización e a reciclaxe. Non podemos falar de abrir novas minas mentres seguimos apostando por un modelo consumista insostible, e cando aínda non establecemos os leitos para sacar o maior potencial aos materiais cos que xa contamos.

Necesitamos un sistema económico que gravite sobre a vida e o ben común e poñer límites á produción e o consumo de recursos naturais.

Hai actuar e parar a minería extractiva! Únete ao Contrasalón Mineiro!

Completa este formulario se queres asistir ao Contrasalón