Amigas da Terra convídavos a participar na xornada Fagamos Nosa a Enerxía: Comunidades de Montes e Comunidades Enerxéticas, que ninguén quede atrás!, este sábado 28 de xaneiro en Mos, no Centro Sociocultural As Pedriñas.
Unha xornada centrada no impulso de comunidades enerxéticas desde, por e para o rural, onde cremos que as Comunidades Veciñais de Montes xogarán un papel fundamental.
A emerxencia climática é unha realidade abrumadora e a transición enerxética inevitable. Esta transición ten que ir moito máis lonxe que a simple redución de emisións de efecto invernadoiro ou a descarbonización da economía. Repensar a nosa sociedade pasa por cuestionar o noso modelo de consumo, deitar de lado o despilfarro e a falsa utopía do desarrollismo e relocalizar e conter a economía básica do noso día a día.
Outro modelo é posible e temos que construílo desde abaixo i entre todas
A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada, imprescincible para unha transición enerxética xusta social e ambientalmente. As comunidades enerxéticas ben definidas e executadas son elementos fundamentais para democratizar a enerxía e fomentar a resiliencia nos territorios. Nun horizonte desexable de decrecemento productivo e de consumo, pode ser unha das millores ferramentas para enfrontarnos á emerxencia climática.
Ademais, as comunidades enerxéticas representan unha oportunidade para loitar contra a pobreza enerxética e incidir na participación de colectivos infrarrepresentados no sector enerxético e que poden actúar como vectores de cambio na nosa sociedade.
As galegas e galegos non podemos nin queremos quedar atrás, e menos contando coa presenza de comunidades de montes veciñais que poden axudar a impulsar estas novas figuras do sector enerxético.
Obxectivos da xornada
O obxectivo da xornada é achegar ás comunidades de montes veciñais en man común, e a outras axentes relacionadas coa xestión do territorio, a posibilidade de impulsar a transición enerxética xusta a través das comunidades enerxéticas, dándolles a coñecer persoas, entidades e proxectos que lles poidan axudar e acompañar en diferentes fases do proceso.
Achegádevos a coñecer algunhas das experiencias que temos no país, como son as de Tameiga, Buchabade, Liñares e Froxán, e tamén a escoitar e contactar con persoal experto que nos poderá orientar sobre a estrutura, a financiación e outros aspectos desta nova figura do sector enerxético.
Pero non so isto, as comunidades enerxéticas non son só determinantes para acelerar a transición enerxética baseada en fontes de enerxía limpa, senón que son un catalizador para responder á pobreza enerxética. Por isto, pola tarde, desenvolveranse mesas de traballo que explorarán as barreiras para implementar esta nova figura na que se incluirán persoas e colectivos que representen unha diversidade de miradas das nosas aldeas e vilas.
As barreiras son múltiples , e só poden ser realmente coñecidas si se escoita á cidadanía, especialmente a aquelas persoas que, historicamente, no estiveron representadas no sector enerxético.
Participación e inscricións
Desde Amigas da Terra agradecemos enormemente á CMVMC de Tameiga, que nos cede gratuitamente o espazo, que terá lugar no Centro Sociocultural As Pedriñas, e dará comezo ás 10:30 da mañá do sábado 28 de xaneiro.
Debido á boa acollida da xornada xa temos completa a sesión da tarde, así como a posibilidade de quedarse a xantar, pero aínda queda oco para participar na sesión formativa de pola mañá, aquí vos achegamos o enlace para que vos inscribades.
Inscrición >>>
Non o perdas!
Fagamos Nosa a Enerxía!!!
Soberanía Enerxética Xa!!!!
Máis información: Raquel Fernández; cambioclimatico@amigosdaterra.net; 656 55 25 13
Leave A Comment