Angel Dorrío

/Angel Dorrío

About Angel Dorrío

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

10 Motivos polos que a UE e os gobernos deben abandonar o tratado da carta da enerxía

O Tratado da Carta da Enerxía (TCE) representa un gran obstáculo para lograr unha acción rápida e eficaz fronte á crise climática e ambiental. Este tratado pouco coñecido da década dos 90 protexe os investimentos no sector enerxético e outorga inmensos privilexios ás multinacionais e inversores estranxeiros.

A industria dos combustibles fósiles xa o está utilizando para […]

By | 1 de Xullo, 2020|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en 10 Motivos polos que a UE e os gobernos deben abandonar o tratado da carta da enerxía

Pecha a central de carbón de Meirama!

A central de carbón de Meirama, propiedade de Naturgy (antes Gas Natural Fenosa) deixará de operar mañá 30 de xuño. A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” celébrao como un importante logro na loita contra a emerxencia climática global.

Xunto coa central de Meirama, situada no concello coruñés de Cerceda, pecharán outras […]

By | 29 de Xuño, 2020|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Pecha a central de carbón de Meirama!

Comunidades enerxéticas para unha recuperación xusta

Desde Amigos da Terra, como parte da “Coalición de enerxía comunitaria” europea, asinamos unha carta aberta dirixida ao Vice-presidente do Pacto Verde Europeo e ao Comisario europeo de Enerxía, onde esiximos:

Promover e financiar o desenvolvemento local liderado polas comunidades como medio para apoiar unha recuperación xusta.

Proporcionar apoio específico ás rehabilitaciòns de […]

By | 23 de Xuño, 2020|Sen categorizar|Comentarios desactivados en Comunidades enerxéticas para unha recuperación xusta

Na Semana Mundial Sen Carne reclamamos un novo modelo agroalimentario

O próximo 16 de xuño comeza a Semana Mundial Sen Carne, e unha vez máis denunciamos os impactos da gandería industrial a través dunha nova publicación na que abordamos como se relaciona o noso consumo de carne cos problemas ambientais.

A través do informe A alimentación, os ecosistemas, os […]

By | 15 de Xuño, 2020|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en Na Semana Mundial Sen Carne reclamamos un novo modelo agroalimentario

Non te perdas o documental The Story of Plastic!

Contamos con 600 pases para que un bo número de persoas poidades velo. O documental “A Historia do Plástico” narra a través dunha liña temporal como chegamos á crise actual de contaminación por plástico e como a industria do petróleo e o gas manipulou o discurso dos plásticos. Na película preséntanse diferentes iniciativas que […]

By | 9 de Xuño, 2020|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en Non te perdas o documental The Story of Plastic!