Irene Vaspino

/Irene Baspino

About Irene Baspino

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Unha Lei de cambio climático regulará as emisións no Reino Unido

O anuncio do goberno británico supón unha gran vitoria para a mobilización cidadá e para o grupo de Amigos da Terra en Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte. Reino Unido poderá ser o primeiro país do mundo en facer obrigatorias as reducións de emisións de gases de efecto invernadoiro nun 80% ata 2050. A futura lei de cambio climático, que establece un obxectivo de redución anual, comeza a debaterse no Parlamento británico esta tarde.

[…]

By | 28 de Outubro, 2008|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Unha Lei de cambio climático regulará as emisións no Reino Unido

Informade do CO2

Amigos da Terra invítalle a participar por si mesma/o na recompilación de publicidade ilícita que posteriormente será empregada en actividades de denuncia e presión para esixir ás Administracións e aos fabricantes que cumpran como mínimo coa normativa vixente, abandonando a publicidade enganosa, e á Unión Europea que obrigue a dedicar o 20% do anuncio publicitario a informar sobre as emisións. O procedemento é simple, non leva máis que cinco minutos e non custa nada.

[…]

By | 27 de Outubro, 2008|Actúa|Comentarios desactivados en Informade do CO2

Europa ten que asumir o liderado!

Durante as próximas semanas os representantes europeos decidirán en nome de europeos e europeas cal debe ser a nosa resposta ao cambio climático. Liderarán a loita para manter quecemento global por baixo de 2°C.

2009 será un ano crucial para conseguir un acordo post-2012. Os estados do mundo reuniranse na Conferencia das Nacións Unidas en Copenhague para traballar nun Acordo Internacional que aborde o Cambio Climático despois do acordo de Quioto. ¡Toma partido!

[…]

By | 27 de Outubro, 2008|Actúa|Comentarios desactivados en Europa ten que asumir o liderado!

Amigos da Terra en defensa da Educación Ambiental.

Amigos da Terra apoia o manifesto elaborado por diversas organizacións e entidades adicadas á educación ambiental, considerando a recente desaparición da Unidade de Educación Ambiental do agora MIMARM (Ministerio de Medio Ambiente e Rural e Mariño) como un grave erro político e a última evidencia dun proceso solapado para pechar vías aos instrumentos sociais, á participación pública e, en definitiva, ao aprofundamento democrática na resolución da crise ambiental.

MANIFESTO

Desde fai máis de 30 anos, a Educación Ambiental foi considerada como unha ferramenta estratéxica nas políticas ambientais. Así o entenderon os diferentes organismos internacionais e os sucesivos gobernos españois, que participaron en innumerables reunións sectoriais a nivel internacional, organizado congresos e xerado plans, programas e recursos para impulsar este campo. O MMA, agora MIMARM, incluso, impulsou procesos interautonómicos que desembocaron, destacadamente coa publicación do Libro Blanco de la Educación Ambiental en España (MMA, 1999).

[…]

By | 22 de Outubro, 2008|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en Amigos da Terra en defensa da Educación Ambiental.

S.O.S. Clima estará presente no Terr@ctiva

Amigos da Terra estará presente no Terractiva, Festival das Artes pola Biodiversidade en Arzúa, os días 18 e 19 de Outubro para pedir aos asistentes que actúen fronte ao cambio climático, dando o seu apoio á Campaña S.O.S. Clima.

S.O.S. Clima é parte da campaña de cambio climático de Amigos da Terra Europa The Big Ask, que ten por obxectivo conseguir que a Unión Europea e os países membros neste caso España, comprométase a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 30% en 2020 e un 90% en 2050.

[…]

By | 10 de Outubro, 2008|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en S.O.S. Clima estará presente no Terr@ctiva