Montse Fernández

/Montse Fernández

About Montse Fernández

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Polo día Mundial dos Océanos, Amigos da Terra demanda a mellora da súa xestión ambiental

dia-oceanos_thumb1

Amigos da Terra aproveita o día mundial dos océanos que se celebra hoxe mércores, para demandar a necesidade de maiores compromisos na xestión ambiental dos océanos pola súa riqueza, non só ambiental, senón tamén social.

[…]

By | 7 de Xuño, 2011|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en Polo día Mundial dos Océanos, Amigos da Terra demanda a mellora da súa xestión ambiental

Amigos da Terra e AGARESO recollen o premio da Fundación Biodiversidad polo documental sobre o Golfo

nino_pescado

Hoxe, ás 18.30 horas, terá lugar no Lucernario do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, a entrega dos premios Fundación Biodiversidad. Membros de ámbalas dúas organizacións asistirán ao acto e recibirán de máns de Rosa Aguilar o segundo premio acadado polo documental “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, na modalidade de comunicación e creación.

[…]

By | 2 de Xuño, 2011|Novas de Cooperación|3 Comments

Segue en directo a presentación do libro de fotografías e o documental sobre o Golfo de Fonseca

agareso_praia_copy

O acto desenvolverase hoxe, a partir das 20.00 horas, no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. Incluirá a presentación do libro de fotografías e o documental do proxecto “Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible” realizado en colaboración entre Amigos da Terra e AGARESO. A presentación poderá seguirse en directo a través da páxina web de AGARESO.

[…]

By | 31 de Maio, 2011|Novas de Cooperación|1 Comment

Celebra connosco o Día Mundial do Medio Ambiente!

100206_lagoa_antela-19

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, o próximo 5 de xuño, dende Amigos da Terra levaremos a cabo dúas actividades nas cidades de Ourense e Vigo. Convidámosvos a celebrar e compartir connosco esta importante data!

[…]

By | 27 de Maio, 2011|Novas da Asociación|1 Comment

O escaso rigor das bandeiras azuis

bandera_azulAmigos da Terra pregúntase quen avala as bandeiras azuis?, quen as controla?, como é posible que a comunidade galega, reiteradamente denunciada pola Unión Europea, pola contaminación do seu litoral, a súa deficiente depuración, e o seu urbanismo desproporcionado repita ano tras ano, como líder en número de bandeiras azuis en España. É importante ter presente que os criterios para conceder as bandeiras baséanse nos servizos cos que conte a praia e na calidade da auga para o baño unicamente.

[…]

By | 26 de Maio, 2011|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en O escaso rigor das bandeiras azuis